Nota de Prensa
COMUNICADO
O Plan de Ordenación do Litoral (POL) afecta en Xove a máis de 38.000 ferrados, é dicir, a 2.815 hectáreas, das que un 63% (1.775 ha) se sitúan por riba dos 500 metros de costa. Esta normativa marco limita os usos residenciais e estabelece zonas de protección que afectan ás propiedades da veciñanza.
O Bloque Nacionalista Galego realizará un acto público e aberto a todas as persoas interesadas sobre a afectación do POL no Concello de Xove. Este acto terá lugar o vindeiro SÁBADO 6 DE FEBREIRO, ás 17h00, na Aula Multiusos do Centro Cívico.
Xosé Cesáreo Mosqueira Lourenzo, concelleiro de Urbanismo de Pontevedra e número dous do BNG na cidade do Lérez, será o ponente e contestará a todas as dúbidas que teñan as persoas afectadas polo Plan do Litoral.
Dado o tema tan importante desta convocatoria e o esforzo organizativo do BNG de Xove para que a cidadanía poida acceder a unha información que lle afecta directamente, prégase a súa máxima difusión para o coñecemento das persoas interesadas.
ACTO PÚBLICO
O PLAN DE ORDENACIÓN
DO LITORAL EN XOVE
(afectación en Vilachá, Portocelo, Morás e Lago)
PONENTE: Xosé Cesáreo Mosqueira Lourenzo
(Concelleiro de Urbanismo de Pontevedra)
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
SÁBADO 6 DE MARZO
ÁS 17h00
NA AULA MULTIUSOS DO CENTRO CÍVICO