Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo asegura que en catro meses presentáronse no Concello facturas por uns 6.000 euros en concepto de comunicación

Nota de Prensa

MENTRES OS PROVEDORES NON COBRAN O PP NO GRUPO DE GOBERNO PERMÍTESE O LUXO DE TER UN GABINETE DE PRENSA EXCLUSIVO A CARGO DO ERARIO PÚBLICO

Os nacionalistas pregúntanse si a elaboración de notas de prensa non vai no salario da dedicación exclusiva do alcalde e as catro dedicacións parciais do goberno local

En catro meses presentáronse facturas por case 6.000 euros en concepto de comunicación

O discurso da austeridade semella pasar de largo para o Partido Popular de Cervo

Cervo, 4 de marzo de 2010. O BNG pregunta pola presentación de varias facturas en concepto de comunicación e mantemento da páxina web municipal por importe de 5.913,25 euros. Para os nacionalistas non e de recibo ver como o goberno local abona facturas por estes conceptos cando o prezo de mercado para actualización de páxinas web non se corresponde con estes prezos, nin consideran necesaria a contratación dun servizo personalizado de comunicación nun concello que xa paga os salarios de cinco persoas liberadas no grupo de goberno. O BNG pregúntanse si no salario das cinco persoas liberadas non debería estar incluída a elaboración de notas de prensa xa que á vista dos luxos que se permiten a austeridade demandada polo PP para outros, semella non ter asento entre o grupo de goberno de Cervo.ervo

O concello asume o gasto dunha persoa que traballa exclusivamente para o grupo de goberno elaborando notas de prensa

O BNG cualificou cando menos como pouco ético que mentres á cidadanía cervense se lle incrementan os impostos e taxas municipais argumentando a mala situación económica municipal, o goberno municipal permítese o luxo de asumir o gasto de preto de  6.000 euros en catro meses para comunicación corporativa. Os nacionalistas criticaron a falta de escrúpulos do PP que mentres recorta axudas a colectivos e asociacións, ten a cara dura de manter un servizo personalizado para a elaboración de notas de prensa e o colgado na web municipal dalgunha nova de vez en cando  a un custo que superan con moito os prezos de mercado.

Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “nin as escasas actualizacións da web municipal, nin a contratación dun gabinete de comunicación teñen estes prezos no mercado, a non ser que ademais destes servizos pretendas plena dispoñibilidade, o cal e un luxo que nin o concello, nin os seus veciños e veciñas deberían asumir.”

Estúa especificou que as facturas teñen rexistros de entrada no concello de 17 de decembro, 22 de xaneiro, 1 de febreiro e 1 de marzo por 1689,50, 844,75, 1689,50 e 1689,50 euros polos conceptos de comunicación corporativa e actualización de contidos da web municipal.

O salario dos cinco membros do goberno local liberados debería dar cando menos para elaborar algunha nota de prensa.

O BNG lembrou que Cervo e un dos concellos da comarca cuxos cargos de goberno mais lles custan á cidadaníana Mariña, entre a dedicación exclusiva do alcalde e as catro dedicacións parciais o gasto anual elévase a case 94.000 euros, aos que hai que engadir teléfonos móbiles a cargo das arcas municipais e dietas. Estúa asegurou que proporcionalmente co censo de poboación, as asignacións económicas do grupo de goberno de Cervo e o mais alto da comarca e deberían ser os primeiros en dar exemplo á hora de recortar gastos. O nacionalista afirmou que “ 94.000 euros deberían dar para a redacción dalgunha nota de prensa  e non cargar sobre os cidadáns facturas cuxo aforro daría para actuacións moito mais edificantes que a mera propaganda mediática”

Exit mobile version