BURELA 8FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Sanidade, Sonia Fraga, manterán ás 19:30 horas unha xuntanza no Concello coas asociacións que traballan no ámbito da saúde en Burela.
A edil socialista explica que “citamos a seis colectivos e o que pretendemos neste primeiro contacto é elaborar un programa que reflicta todas as demandas e necesidades do concello. Queremos abarcar todas as temáticas relacionadas coa saúde e darlle un impulso a estas asociacións que traballan día a día en Burela”. Sonia Fraga anímaas “a participar neste proxecto que pretendemos que sexa pioneiro e importante tanto para estes colectivos como para os seus socios e tamén para o resto da poboación do concello de Burela. O alcalde e máis eu explicaremos o por qué desta primeira reunión e queremos escoitar tamén as súas demandas e así poder traballar con elas ao longo deste ano e sucesivamente”.
Alfredo Llano ten previsto informar a estes colectivos “dos talleres e das conferencias que organiza a comisión de participación cidadá da área de saúde da zona norte de Lugo, por si fosen de interés para estas asociacións”.