BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asistiu nas últimas horas a unha xuntanza ordinaria da comisión de Participación Cidadá da área de saúde de Burela na que se analizou a creación da escola de participación cidadá e a presentación do programa do taller para a participación cidadá. O alcalde explicou que “esto posibilitará que a xente que o desexe poida acudir a talleres informativos e divulgativos que poden ser moi importantes para a saúde. Hoxe en Lugo haberá un que acolle diversas conferencias e eu penso que todo esto ben enfocado e ben orientado hacia algún colectivo como os diabéticos ou enfermos do ril pode servir de moito”.
Llano poñerase en contacto “con todas estas asociacións que teñen sede en Burela e con eles tentar chegar a algún acordo para reclamar estes talleres de participación cidadá para o noso concello ou para o resto da comarca da Mariña. En Burela xa temos experiencia nestes asuntos porque xa se organizaron en colaboración coa Consellería de Sanidade conferencias nas que se abordaron cuestións como o alzheimer, a alimentación, a atención ao parto… e tiveron unha grande acollida. Considero que é unha boa iniciativa e tentaremos que Burela poida contar con algún deses talleres”.