BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, técnicos do Concello e de OTEA (a empresa redactora do PXOM) entrevistaránse o vindeiro martes 16 de marzo ás 10 da mañá en Santiago co director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, para analizar as incidencias que o Plan de Ordenación do Litoral ten en Burela.
O rexedor sinalou que “as nosas alegacións están directamente relacionadas co PXOM e queremos que ambos plans sexan o máis compatibles posibles e son as máis indicadas para que o noso concello non perda as ventaxas que debe ter cara o seu desenvolvemento social e económico”. Llano quere “expoñerlle o noso punto de vista ao director xeral e agardamos chegar a unha conclusión final que sexa ventaxosa para o noso concello e si houbera algo máis que alegar ainda podemos facelo xa que hai un mes máis de prazo para os Concellos, segundo ven de anunciar a Xunta”.