Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela considera fundamental a posta en marcha do corredor de Barreiros a Ferrol

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, considera fundamental para o desenvolvemento económico da comarca a posta en marcha do corredor que unirá Barreiros con Ferrol. Ademáis rexeita as críticas verquidas desde o PP nas que o acusan de falla de interés hacia esta infraestructura.

O rexedor lembra que “o outro día tivemos unha xuntanza da Mancomunidade de Municipios de A Mariña aquí no noso Concello, houbo unha participación maioritaria de alcaldes e como xa contei entón decidimos enviar sendas peticións, unha ao goberno central e outra á Xunta  instando ás dúas administracións a que nos marquen rápidamente do xeito máis preciso cando se procederá á construcción deste vial que unirá Barreiros con Ferrol”.

Llano asegurou que “interés hai moito tanto desde o Concello de Burela como desde a Mancomunidade para que esta infraestructura sexa unha realidade, tanto no tramo que vai desde Barreiros a San Cibrao, como no que irá desde San Cibrao a Ferrol. Esta corredor é fundamental para o desenvolvemento social e económico da nosa comarca”.

O alcalde de Burela reitera que “o ministro de Fomento está informado puntualmente de todo esto, xa lle comentei a nosa preocupación pola liña que poida seguir este corredor polo noso concello, presentamos as nosas alegacións que foron consesuadas coas asociacións de veciños e con outros colectivos e estánse a ter en conta para ver como se determina todo esto”. Alfredo Llano dixo que “falei hai pouco con Angel del Río na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia para enterarme un pouco de cómo vai o proxecto entre Barreiros e San Cibrao, están estudiando as alegacións plantexadas na zona de San Martiño, as nosas entrarán en breve para seren informadas por Medio Ambiente e en canto se teña esa información é posible que nos reunamos na Coruña con técnicos de Fomento ou que nos vexamos con José Blanco, si hai ocasión nalgunha visita que faga a esta zona. Xa demostrou en moitas ocasións que sempre que se lle plantexou algo así ou que hai interés non ten problema en acudir ou reunirse con quen sexa para escoitarnos”.

O rexedor suliñou que “as alegacións están presentadas, en Fomento son coñecedores delas e reunirémonos en canto sexa necesario. Insisto en que hai moito interés non só no corredor desde Barreiros a San Cibrao, senón tamén no outro tramo no que discorrerá entre San Cibrao e Ferrol. Queremos que se pechen o antes posible os compromisos, que nos dean unhas datas concretas para a súa execución, como así o temos manifestado desde o Concello de Burela, desde a Mancomunidade de Municipios de A Mariña ou incluso desde a CEL, desde onde propuxemos como data de remate o 2015”.

Exit mobile version