Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros agradece a colaboración de Protección Civil e do persoal do Concello polo Xynthia

BARREIROS .- . O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, agradece o traballo realizado polos membros de Protección Civil e polo persoal do Concello que estivo localizable durante toda a fin de semana para actuar en caso de que fose necesario. O Xynthia non ocasionou incidencias destacables no municipio, segundo o rexedor que subliñou “a labor realizada nos últimos días polo noso persoal que estivo a limpar as cunetas e as taxeas para evitar a acumulación de auga nelas. Sí que se produciu o desbordamento do río Masma, pero é algo habitual cando se dan crecidas deste tipo”.

Fuente Pardo sinalou que “afortunadamente o Xynthia non nos afectou, non se produciron cortes de luz nin tampouco danos de importancia”.

Exit mobile version