Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros agarda celeridade na xustiza na querella da fiscalía contra a xunta de goberno

BARREIROS (FNC) .- O alcalde, Alfonso Fuente, personóuse esta mañá no xulgado de Mondoñedo para recabar información sobre a querella presentada pola fiscalía contra a xunta de goberno municipal pola concesión de varias licencias hai catro anos.

O rexedor manifestou que “esta fin de semana polos medios de comunicación me enteraba de que podía existir unha denuncia da fiscalía contra a xunta de goberno do ano 2005 e polo tanto hoxe mesmo me desprazaba a Mondoñedo para saber si eso era certo. Tiven que personarme en busca de información cando ainda non teño ningunha notificación oficial. Alí fun informado de que sí existe un procedemento aberto e estamos á espera de que nos entreguen a documentación para poder leela”. Nun primeiro análise Alfonso Fuente asegurou que “está baseada nun informe da Axencia da Legalidade Urbanística firmado por Hipólito Pérez, que todos sabemos que a semana pasada foi cesado polo presidente da Xunta e xurden moitas dúbidas porque esto (sobre a denuncia) aparece o sábado cando o xoves se produce o cese deste señor”.

O alcalde barreirense anunciou que “estudiaremos a denuncia, ainda que as licencias das que fala a querella xa se están solventando nos contenciosos administrativos que hai abertos e de momento non hai sentencias sobre ningún”. Fuente Parga dixo estar tranquilo e suliñou que “para nada cambia o convenio que se aprobaba o outro día no pleno, un convenio que versa sobre unha serie de obras de urbanización dos terreos dos suelos urbanos, é decir a urbanización 100% de aceras, depuradora, saneamento, melloras no abastecemento de auga… cun investimento moi importante no noso Concello co fin de mellorar os servizos aos nosos cidadáns tanto aos residentes de todo o ano como a aqueles que nos visitan temporalmente”. O rexedor agarda que “a xustiza actúe con celeridade e que se poida probar que nós fixemos o correcto”.

Hoxe pleno extraordinario

Hoxe ás sete e media da tarde celébrase pleno extraordinario en Barreiros. Trátase da sesión que días atrás solicitaban os partidos da oposición: BNG, PSOE e INDEBA. Alfonso Fuente dixo que se trata “dun pleno pedido pola oposición no que se abordará o Plan de Ordenación do Litoral. Se informará no que pide na orde do día, eu creo que non hai que darlle máis importancia da que ten. Se falará do POL, igual que o venres da semana pasada eu me reunía cun colectivo que tiña convocada unha xuntanza para analizar este plan e alí falamos abertamente del”.

O rexedor sinalou que “esta alcaldía está sempre aberta a dar toda a información que temos e nese pleno se falará do POL, de cómo afectará ou non ao noso Concello, dos cambios que xa houbo desde que se nos enviou a documentación aos Concellos, a ampliación de prazo nun mes máis para a presentación de alegacións, os defectos que temos visto nese plan… deso será do que falaremos hoxe”.

Exit mobile version