RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo programa música e teatro para celebrar o día internacional das mulleres. Os actos foron presentados esta tarde no salón de plenos por Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Muller e Cultura, por Luisa González, responsable do CIM e por Neves Paz, técnica de Cultura.
O sábado 6 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval terá lugar o concerto de Purofilin, denominado Óleo de muller con sombreiro. A cantante cubana presentará en Ribadeo un novo espectáculo no que ofertará os diversos cores musicais de Latinoamérica ao pasar por Cuba, Uruguay e Brasil. Nese concerto “faremos un especial homenaxe a Rosalía de Castro, xa que neste 2010 se cumpren 125 anos do seu pasamento, faráse unha lembranza dela e daremos como agasallo un marcapáxinas ás persoas que asistan ao devandito concerto”, explicou Mariluz Álvarez Lastra.
A concelleira de Muller sinalou que “non podíamos deixar pasar a data sin que fose significativa para nós. Convidamos tanto a homes como a mulleres a asistir ás actividades que organizamos estes días para todas as idades e de diferentes xéneros artísticos”.
Xa o 8 de marzo ás 11:30 horas no Auditorio Municipal a compañía Ónfalo representará Neuras, dirixida aos centros educativos. E ás 20 horas no mesmo escenario procederáse á entrega dos premios aos 13 finalistas do concurso de guións cinematográficos, organizado dentro da quinta campaña Un futuro por compartir en igualdade. Ademáis proxectaráse a curta gañadora A princesa que quería ser muller.
O concurso de guións cinematográficos ía dirixido ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO do Concello de Ribadeo. Houbo un total de 18 guións presentados, co cal arredor de 54 alumnas/ os participaron neste concurso. A distribución de guións por centros educativos foi a que segue: 2 do Porta da Auga, 1 do PCPI, 6 do Sagrado Corazón e 9 Dionisio Gamallo Fierros.
Andamiaxe fixo unha preselección dos guións, quedando 5 guións finalistas e gañadores do concurso. Os finalistas levarán cadanseu premio consistente nun lote formado por 1 camiseta promocional da campaña, 1 cómic, 1 DVD da curtametraxe e un vale de desconto de 20€ en tendas concertadas do Concello de Ribadeo.
RESULTADO DO CONCURSO
1º PREMIO: A PRINCESA QUE QUERÍA SER MULLER
Yasmina Fernández Rivas
Tamara Braña Cendán
Lara Vázquez Rodríguez
(4º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros
PUNTUACIÓN: 128
2º PREMIO: TEMPOS ALEGRES, RECORDOS TRISTES
Celía Pérez Val
Ángela Torviso Fernández
(2º ESO B) COLEXIO SAGRADO CORAZÓN
PUNTUACIÓN: 91
3º PREMIO: UN CAMIÑO DE EXPERIENCIAS
Laura García Rey
Carmen Rodríguez Rodríguez
(2º ESO B) COLEXIO SAGRADO CORAZÓN
PUNTUACIÓN: 89
4º PREMIO: AS PROTESTAS
Noemí Otero Rubio
Nazareth Lorenzo Martínez
Sofía Fernández Val
(2º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros
PUNTUACIÓN: 67
5º PREMIO: UN CAMBIO DECISIVO
Isabel Mel Soto
Manuel V. López Hermida
Juan M. Oural Baamonde
(2º ESO) IES Dionisio Gamallo Fierros
PUNTUACIÓN: 62
Durante a pasada semán tivo lugar a rodaxe da curta seleccionada para a súa gravación, reproducción e difusión, e da que posteriormente se elaborará unha unidade didáctica para traballar co estudantado nos centros educativos. Nela participaron alumnas da súa clase 4º da Eso e do IES Gamallo Fierros, persoas de Ribadeo necesarias por esixencias do guión, e contouse coa colaboración de establecementos do Concello, como a ludoteca Dubidu, e o Café Pica.