Site icon Crónica3.com A Mariña

Minguou o paro en A Mariña no mes de febreiro

A MARIÑA .- Segundo datos da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, no derradeiro mes o paro minguou en 24 persoas. O que se corresponde con unha variación porcentual negativa do 0,52%. A mesma variación mensual no mes de febreiro de 2009 daba un resultado positivo de 35 parados máis o que se traducía nunha variación porcentual positiva do 0,86%. Estes datos correponden os concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela que forman parte do Pacto Territorial de Emprego de A Mariña

Exit mobile version