Site icon Crónica3.com A Mariña

A escola de música de Sober visita Sargadelos e o Paseo dos Namorados co programa KmO da Deputación

LUGO .- Máis de 200 persoas participan estes días no programa medioambiental da Deputación Km0. Entre eles un grupo de membros da Escola de Música de Sober coñecerán, en primeiro lugar, o Mazo de Santa Comba, para logo desprazarse ata o municipio mariñano de Cervo, onde visitarán a fábrica de Sargadelos e o Paseo dos Namorados

A Montaña, a Ribeira Sacra, e a Mariña, protagonistas do Km0 desta semana

Máis 200 persoas participan no programa medioambiental da Deputación

nos dous días que se farán rutas debido á celebración da Semana Santa

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a un grupo de Telefónica de Lugo e outro de solicitantes individuais dentro do programa Km0. Son os 100 primeiros participantes, dos máis de 200, que redescubrirán a provincia esta semana nos dous días que se farán rutas debido á celebración da Semana Santa.

Deste xeito, os veciños de Sober viaxaron ata o Concello das Nogais, onde fixeron a ruta de senderismo ata a Torre de Doncos, e coñeceron a igrexa de Torés. Pola súa banda, o outro grupo de veciños visitaron a Ribeira Sacra. Nesta zona da provincia, achegáronse ata as igrexas de Ribas do Miño e de Diamondi e fixeron un percorrido a pé polo Codos de Belesar.

Na xornada do mércores, máis dun cento de persoas de Xermade e Sober sumaranse ó clube de amigos de Km0. Deputación de Lugo. Os veciños do Concelo chairego farán a ruta “Pallozas do Cebreiro”, que inclúe un percorrido ata o primeiro hito do Camiño Francés e unha visita á igrexa de Santa María A Real. Tamén subirá ata o Monte da Cruz. Pola súa banda, membros da Escola de Música de Sober coñecerán, en primeiro lugar, o Mazo de Santa Comba, para logo desprazarse ata o municipio mariñano de Cervo, onde visitarán a fábrica de Sargadelos e o Paseo dos Namorados.

Exit mobile version