Site icon Crónica3.com A Mariña

Melloran camiños e pistas de Ribadeo con cargo ao “Plan estratéxico e de infraestruturas do Medio Rural”

RIBADEO (FNC) .- A empresa Tragsa acomete estes días traballos de mellora en moitos camiños e pistas de Ribadeo con cargo ao PEIM 2009, segundo ven de anunciar o alcalde.

Fernando Suárez manifestou que “estes días a empresa pública Tragsa está a efectuar os traballos do PEIM 2009 (Plan Estratéxico e de Infraestruturas do Medio Rural) por importe de prácticamente 111.000 euros. Estánse a facer unha serie de actuacións nas parroquias do concello que resolverán parte dun problema que todos os Concellos temos que é o estado das pistas e dos camiños públicos, que por mor deste último inverno, dos peores que se recordan de intensas chuvias, sempre ocasiona a degradación dos camiños. E agora a ver si entra a primavera dunha vez e podemos facer as obras que nos quedaron pendentes, pero por mor do tempo era unha parvada facer reparacións de camiños en decembro ou en xaneiro porque todo o traballo non valería para nada”.

O rexedor explicou que “hai poucos días xa estiveron a botar unha capa de aglomerado asfáltico nunha pista que une Covelas con Cedofeita, ainda non está rematada de todo, pero vai collendo boa forma. Están tamén anclando unha serie de bases, de protectores de aceiro inoxidable para os contedores nas diferentes parroquias, vánse colocar un total de 48 atendendo á opinión das asociacións de veciños. E nas vindeiras semanas tamén se proseguirá a reparar camiños en Piñeira e en Vilaselán, hai na parroquia da Vilaselán unha vía que está moi deteriorada desde hai moito tempo que é o Camiño dos Galos que procedemos a rebachear hai uns días, pero agora se lle dará un tratamento integral para que quede resolto este problema que estiveron a sofrir os veciños durante todo o inverno e do que somos perfectamente conscentes”.

Suárez Barcia adiantou que “de cara á primavera todos os baches que se foron xerando durante os últimos meses procederemos a arranxalos para continuar mantendo este gran barco que é Ribadeo con tantísimas pistas e como sempre decimos cando acabamos por un extremo xa está o oposto estropeado con ganas de invertir diñeiro. Ese é o noso deber e a nosa razón de estar no goberno para tentar ir resolvendo todas estas situacións”.

Exit mobile version