Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Rural do Concello de Lourenzá e Xovenes Agricultores organizan cursos de “Benestar animal”

LOURENZÁ .- A delegación de Medio Rural do Concello de Lourenzá organiza en colaboración con Xovenes Agricultores dous cursos de Benestar Animal que se celebrarán durante o mes de abril no salón de actos da Casa da Cultura, segundo indica Enma Alvarez, responsable de Medio Rural

Nota de Prensa

Delegación de Medio Rural

Interesados anotarse na Oficina Técnica de Emprego en horario de 8:30 a 14:00 ou chamando ao teléfono 982-121006

CURSO DE BENESTAR ANIMAL NO CONCELLO DE LOURENZÁ

* Durante o mes de abril no salón de actos da Casa da Cultura.

Lourenzá, 27 de Marzo do 2010.- Un ano mais, como ben sendo habitual por terceiro ano consecutivo a Delegación de Médio Rural do Concello de Lourenzá organiza en colaboración con Xovenes Agricultores dous cursos de Benestar Animal de 30 horas de duración, impartido por profesionais e co correspondinte título oficial acreditativo do curso.

O primeiro curso comezará  o vindeiro luns dia 5 e será impartido de luns a venres de 21 a 24 horas, cunha duración de 10 días. Este curso está completo cós interesados anotados na lista que mantiña aberta o Concello dende o ano pasado.

Haberá un segundo curso, entre os dias 19 e 30 de abril con un total de 20 prazas, das cales 15 serán preferentemente para aquelas persoas que están dadas de alta no censo Agrario, é, ás 5 prazas restantes poderán optar persoas do réxime xeral. A adxudicación das prazas farase seguindo a orde de inscripción.

Para inscribirse é necesario anotarse na Oficina Técnica de Emprego do Concello de Lourenzá en horario de 8.30 a 14.00 horas ou ben chamando ao teléfono 982-121006 nese mesmo horario.

Según a concelleira de medio rural, Emma Alvarez, a organización destes cursos débese a gran demanda que hai tanto no Concello de Lourenzá como na bisbarra principalmente entre usuarios de carritos de transporte de gando e mesmo cazadores para o transporte de animais de caza.

Exit mobile version