Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio apoia que o legado de Álvaro Gil siga no Museo Provincial de Lugo

VIVEIRO.- A asociación Mariña Patrimonio reivindica que o legado de Álvaro Gil siga no Museo Provincial de Lugo polo seu significado cultural e de patrimonio histórico significativo para a Mariña e para toda a provincia.

NOTA DE PRENSA:

Mariña Patrimonio apoia que o legado de Álvaro Gil siga no Museo Provincial de Lugo

O legado de Álvaro Gil Varela conta cun considerable número de pezas de ourivería castrexa procedentes da Mariña:

· Brazalete ou torques de Riotorto.

· Torques do Cu de Castro. Marzán. Foz

· Fragmentos de dous torques de Viveiro.

· Dúas arracadas e fragmentos de dous torques do castro do Masma. Mondoñedo

· Dous Torques de ouro e un Torques de prata do Coto da Recadieira. Mondoñedo

· Torques e a arracada de Burela

Con independencia de que a súa titularidade sexa pública ou privada, entendemos que o legado de Álvaro Gil Varela é un ben público que forma parte do patrimonio de todos e todas as galegas.

Este legado debe quedar subordinado á posibilidade do gozo público e debe pasar a xeracións posteriores nas mellores condicións de conservación e sen disgregacións que poidan perturbar a súa contextualización histórica.

MariñaPatrimonio entende que isto só se pode garantir permanecendo nunha institución pública, como é o caso do Museo Provincial de Lugo.

Exit mobile version