MONDOÑEDO .- O Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca de A Mariña convocou para mañá, martes 2 de Marzo, un acto público no que se procederá á sinatura dun protocolo de colaboración na difusión do Programa Leader 2007-2013. Este protocolo será suscrito polo propio GDR e polas empresas de asesoría, xestoría e consultoría da zona que mostraron o seu interese por participar de tal acto. O acto público terá lugar ás 19:30 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo.
Por medio desta sinatura do que se trata é de “lograr unha difusión o máis ampla posible do Programa, xa que estas empresas teñan relación directa co sector empresarial, que debe ter un papel importantísimo no desenvolvemento da zona”, explica a xerente do grupo, Ana Ermida.
“As empresas mostraron interese por tomar parte neste protocolo, xa que tamén é unha forma de dinamizar e ampliar o seu mercado mediante a elaboración de proxectos a presentar ao Programa Leader e o asesoramento dos potenciais promotores de proxectos”, sinalan desde o GDR. “Precisamente o que pretendemos é que con este tipo de actos se amplíe a incidencia deste programa na zona e que, coa súa aplicación, se beneficie a maior cantidade de poboación da comarca de A Mariña”, continúan.
Lembran desde o GDR que as empresas interesadas na sinatura do protocolo poden facerllo saber ao persoal técnico do GDR nos teléfonos 982.50.71.11 ou 648.92.13.10 ou, persoalmente, na Casa da Cultura de Mondoñedo.