ALFOZ .- Celebrouse na localidade Coruñesa de Ares celebrar o I Trofeo Concello de Ares de tiro con arco en sala; ao mesmo asistiu o noso novo arqueiro Gabriel Galante Briones, quen debutou na categoría Alevín. Categoría á que asistiron case todos os principais arqueiros da mesma, polo que poderiamos dicir que só faltaba a denominación de federación para que fose de xeito evidente un campionato de carácter autonómico como puidese ser o copa Xunta de Galicia ou o campionato federación.
O noso arqueiro non decepcionou proclamouse campión do torneo en categoría Alevín cunha puntuación de 556 puntos de 600 posibles; unha moi boa puntuación, se temos en conta os dous novos handikaps cos que se enfronta, como son: unha maior distancia (18 metros fronte aos 12 aos que estaba habituado)e un maior numero de frechas a tirar (60 frechas fronte ás 30 que tiraba na anterior categoría) o que produce que o cansazo apareza antes, como así se fixo notar na segunda quenda, na que só lograría 276 puntos fronte aos 280 do primeiro.
Destacar o bo nivel dos participantes neste I Trofeo Concello de Ares, quedando en segundo lugar Brais Seoane Verme do club Arco Ferrol cunha puntuación de 548 puntos, en terceira posición quedaría Marta Guerreiro Arribas do club Escola Lucense con 546 puntos e en cuarta Pablo Vilar Igrexas do club Arco Narón cunha puntuación de 532 puntos.
Desde o club de tiro con Arco Castelarco darlle os parabéns a todos eles pola súa participación e nivel demostrado, animándoos a seguir nesa dinámica de adestramento e dedicación.