Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernández Pacios falou dos “Corsarios na Mariña de Lugo” nun acto da asociación “Os Matos” do IES Perdouro de Burela

O investigador e responsable do Centro de Interpretación do Camiño Norte, Xoán Ramón Fernández Pacios, impartiu unha charla aos cursos de segundo de E.S.O. sobre “Corsarios na Mariña de Lugo”. Esta actividade pertence aos actos que desenvolve a Asociación Cultural “Os Matos”. No programa do terceiro trimestre do curso a Asociación ten previsto colaborar no recital poético sobre Miguel Hernández, que terá lugar no noso centro o día 9 de abril; publicar outro número da revista “Maruxia” e entregar os premios dos concursos de poesía, relatos curtos e imaxes que este ano trataron o tema “Burela: a súa diversidade social e cultural”

Exit mobile version