Site icon Crónica3.com A Mariña

Explica o PSdeG que as súas emendas serviron para evitar fenómenos que foron portada dos xornais como o de Barreiros

NOTA DE PRENSA

OS SOCIALISTAS AFIRMAN QUE POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA DA LEXISLACIÓN GALEGA PUXEMOS PROTECCION AOS ESPAZOS PROTEXIDOS

– A portavoz de Medio Ambiente, Camen Gallego asegurou que “temos a plena certeza de que estamos salvando Cabo Touriñán”

– A Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista de Ordenación Territorial Mar Barcon salientou que ás emendas do PSdeG serviron para “axudar á compactación e consolidación dos núcleos rurais, e para evitar fenómenos que foron portada dos xornais como o de Barreiros”

Santiago, 18 de marzo de 2010. A Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista de Ordenación Territorial Mar Barcon xunto coa a portavoz de Medio Ambiente, Camen Gallego compareceron hoxe ante os medios para amosar a súa satisfacción por acadar o acordo enmarcado dentro do Pacto polo Territorio, para modificar a Lei do Solo de Galicia. Sinalaron que por primeira vez na historia da lexislación galega puxemos protección aos espazos protexidos.

A portavoz de Ordenación Territorial Mar Barcon argumentou que este Pacto ten que dar pasos moi importantes. Nese senso anunciou que reclamara ao Conselleiro de Medio Ambiente, e trala aprobación da modificación da Lei do Solo no vindeiro Pleno, poñer en marcha a subcomisión de avaliación e seguimento do Plan de Ordenación do Litoral. Ademais sinalou que este documento esta xerando “moitos problemas de compresión, e creemos que deber ser mellorado e modificado e sobre todo duradeiro”.

Barcon anunciou tamén que solicitara ao Goberno de Feijoo, e no seo do Pacto polo Territorio, que se abra unha Comisión de Estudo neste Parlamento con tódolos axentes implicados para acadar unha nova lei segura. Asegurou ademais que pedirá que se compareza que se inicie a tramitación parlamentaria sobre o Plan de usos do Litoral e a Lei do Solo, para que non sexa un documento constantemente modificado, e que se blinde por unha maioría suficiente da Cámara. Nesa liña demandarán un instrumento de control similar para propiciar “un mellor entendemento” da Lei de Ordenación do Litoral e analizar posibles cambios.

A deputada socialista explicou que o PSdeG o tiña dúas opcións ante a modificación da Lei do Solo exposto polo Partido Popular, por un lado permitir “a amnistía total das edificacións sen licenza” e que “os espazos protexidos quedasen en perigo””, ou ben modificar o texto inicial. Salientou que optaron pola segunda opción, e explicou que presentou as emendas do PSdeG co fin de “axudar á compactación e consolidación dos núcleos rurais para evitar fenómenos que foron portada dos xornais como o de Barreiros”.

Barcon tamén aclarou que as regularizacións que se van efectuar non teñen expediente, nin urbanístico, nin medio ambiental.

Pola súa banda a portavoz de Medio Ambiente Carmen Gallego amosou tamén a súa satisfacción por acadar este pacto polo Territorio. Subliña que coa redacción deste novo artigo 39 e a introducción das emendas do PSdeG “ temos andado un camiño inmenso”. E afirma que o 89% da superficie litoral da Rede Natura “esta certificadamente a salvo de calquera instalación de acuicultura”.

Gallego relatou polo miúdo como se xestionou este acordo. Explicou que tal e como estaba redactado o texto inicial de reforma da Lei do Solo realizado polo PP, só os hábitats de interese prioritario estaban exentos do desenvolvemento de plantas de acuicultura. Pero insistiu en sinalar que coa modificación do PSdeG, ese marco de protección esténdese á práctica totalidade da superficie litoral da Rede Natura.

“Temos a plena certeza de que estamos salvando Cabo Touriñán”, aseverou Gallego. E proseguiu na súa argumentación, e cos datos na man, asegurou que ata o vindeiro martes que se aprobe o novo documento, esta vixente a lei do ano 2004 pola cal o Partido Popular introduzo a posibilidade de que en espazos naturais protexidos se puidera desenvolver a acuicultura, e relatou que se refería ao apartado 2 letra L. do artigo 33, da lei do Solo do 15/2004.

Puntualizou que coa chegada do Goberno de Emilio Pérez Touriño á Xunta de Galicia no ano 2005 “ tomou a decisión política que non legal”, aclarou Gallego de “decidir que para facer o Plan Sectorial de Acuicultura non se ían empregar os espazos en Rede Natura, a pesar de que lexislación si que o permitía”. Esta foi a verdadeira aposta política do PSdeG-PSOE”, asegurou a deputada, “xa que entendemos que para facer o Plan non fai falla tocar a Rede Natura”.

Carmen Gallego abunda na súa argumentación e sinala que a Rede Natura, na nosa Comunidade, ocupa o 12% do territorio, ás que corresponden 374.000 hectáreas, cun 8% de hábitats ou especies prioritarias, e hai un 66 % de hábitat de interese comunitario que son 245.600 hectáreas. A deputada afirma que coa modificación do artigo solicítase a avaliación ambiental para facer os proxectos “ esto vai mais ala do que esta establecido na directiva Hábitat (no artigo 6)”.

Hai aprobados mais de 12 millóns de metros para facer acuicultura

Ao fío desto asegurou que “facer unha piscifactoría en Rede Natura ten impacto apreciable ou significativo”. No artigo do 6 da directiva Hábitat sinalase que nos espazos de Rede Natura que teñan habitas prioritarios ou comunitarios so se pode continuar un proxecto, unha vez feito a avaliación ambiental, senón hai alternativas, e si fora declarado de interese Xeral o de utilidade publica. Lembrou que en Galicia hai aprobado un Sectorial de mais de 12 millóns metros cadrados para facer acuicultura.

“Feijoo –afirmou- non vai querer dar o brazo a torcer para recoñecer este logro publicamente pero sabemos que Touriñán esta salvo”, concluíu.

MODIFICACION DO ARTIGO 39 E A LEI DO HÁBITAT

Nova redacción do artigo 39:

-“Artigo 39. Solo rústico de especial protección de espazos naturais.

O réxime xeral dos solos rústicos de protección de espazos naturais, sen prexuízo do establecido na súa lexislación reguladora, ten por obxecto preservar os seus valores naturais, paisaxísticos e tradicionais, quedando suxeitos ó seguinte réxime:

1. Usos permitidos por licenza municipal directa:

Os relacionados no apartado 1, letras a), b) e c) e no apartado 2, letra i), do artigo 33 da presenta lei.

2. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma:

Os relacionados no apartado 2, letras e), f), e l), do artigo 33 da presente lei, así como os sistemas de tratamento ou depuración de augas e as actividades vinculadas directamente coa conservación, utilización e goce do medio natural, e os que poidan establecerse a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio, ou polo planeamento dos recursos naturais contemplado na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, sempre que non leven a transformación da súa natureza rústica e quede garantida a integridade dos valores obxecto de protección.

Para autorizar os usos sinalados polo apartado 2, letra l), do artigo 33 sobre solo rústico de especial protección de espazos naturais, será necesario obter o previo informe favorable da consellería competente en materia de conservación de espazos naturais sobre o cumprimento da lexislación sectorial autonómica, estatal e da U.E. que resulten de aplicación.

En todo caso, nos espazos que forman parte da Rede Natura 2000, non se poderán autorizar estes usos cando, trala súa avaliación ambiental                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                se constate que se afecta de maneira apreciable a hábitats ou especies prioritarios e/ou comunitarios catalogados conforme a directiva Hábitats (directiva 92/43/CEE).

Calquera actuación en espazos protexidos deberá, en aplicación da Lei 7/2008 de Protección da Paisaxe de Galicia, cumprir co disposto nas Directrices da Paisaxe e, de xeito específico, no Plan de Acción da Paisaxe do Espazo Protexido do que se trate.

Nos municipios con máis do 40% da superficie do termo municipal clasificada como solo rústico de especial protección de espazos naturais, poderán autorizarse, con carácter excepcional, ous usos relacionados no apartado 2, letras a), b), c) e d), sempre que quede garantida a integración das edificacións coa paisaxe e os valores obxecto de protección.

3. Usos prohibidos:

Todos os demais”.

Exit mobile version