LUGO .- Presidente e vicepresidenta da Deputación fixeron entrega de diplomas a participantes nos cursos que impartiron organismo dependentes da entidade provincial. Trátanse dos 55 cursos que se celebraron no Centro de Artesanía e Deseño, e no Centro de Cestaría do Río Rato que, xunto cos obradoiros portátiles, e as xornadas formativas impartidas exclusivamente polos artesáns do CENTRAD.
Nota de prensa
Máis de 400 persoas participaron na programación oficial de obradoiros en 2009
O Presidente da Deputación e a Vicepresidenta Segunda entregan os diplomas
ós participantes nos 55 cursos que se celebraron o ano pasado no CENTRAD
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, fixeron entrega dos diplomas ós participantes na programación oficial de obradorios en 2009. Trátanse dos 55 cursos que se celebraron no Centro de Artesanía e Deseño, e no Centro de Cestaría do Río Rato que, xunto cos obradorios portátiles, e as xornadas formativas impartidas exclusivamente polos artesáns do CENTRAD, compoñen a oferta total da entidade dependende da Deputación. Máis de 400 persoas de toda a provincia participaron nesta parte da programación formativa.
Gómez Besteiro salientou o éxito dos cursos da programación oficial que ano tras ano a Deputación amplía e varía o seu contido debido á demanda que acadan. Deste xeito, dos 55 obradoiros de 2009 sobre cestaría, cerámica, oleiría, xoias, vidro, e téxtil, o organismo provincial organizou para 2010 un total de 65, e incorporou novas xornadas de coiro, restauración de mobles, e ata de fabricación de lámpadas.
Dende a posta en marcha da programación oficial de 2010, o CENTRAD celebrou 12 cursos cuxas prazas quedaron cubertas ó 100%. O titular do organismo provincial subliñou que “en pouco máis dun mes, máis de 100 persoas participaron nestes cursos. En decembro, cando rematen, o número de participantes ascenderá ós 550, 150 máis que en 2009”.
Novo curso
Outras 10 persoas comezarán este xoves ó curso Construción con vimbio vivo. Trátase dunha xornada impartida polo coñecido artesán Joan Farre Oliver, na que se farán pezas de mobiliario exterior co vimbio que o Centro de Artesanía e Deseño dispón no Paseo do Rato. Trátase dunha plantación de 200 metros cadrados onde se atopan variedades de vimbio únicas na Comunidade, que só se cultivan nalgunhas zonas de Cataluña e Castela A Mancha, e nalgúns casos, excepcionalmente en Francia e Inglaterra.