Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela moitos veciños co vento non poden durmir, asegura o PP e pide “que se retiren ou se aseguren banderolas” do alumeado público

Nota de Prensa

Os populares piden que se retiren ou se aseguren banderolas colocadas no alumiado público.

Moitos veciños quéixanse porque co vento non poden dormir.

O PP solicita información sobre actuacións que se levan a cabo para evitar a turbidez da auga.

O PP de Burela pide que con carácter inmediato se proceda a retirar ou asegurar unha serie de banderolas dunha empresa de telecomunicacións colocadas en alumiado público en certas rúas de Burela, xa que foron desprendidas polo vento e hai imnumerables queixas de veciños que teñen dificultades para dormir de noite polo ruido que producen ó chocar os soportes sueltos cos báculos metálicos.

Os populares consideran que o concello tén que urxir á empresa a que acometa esas actuacións de inmediato. Ou ben proceder a realizar tal traballo con persoal do concello e logo pasarlle a factura á empresa colocadora.

Ademais, o GMPP quere saber que medidas se están adoptando para evitar que a auga siga saindo con moita turbidez, especialmente nas zonas baixas. Ainda que recoñecen que choveu moito e con moita intensidade, os populares indican que a cidadanía quere saber que se está facendo e cando se confían en solucionar o problema. Non nos pode valer que o alcalde nos diga que se consuma pouca auga, porque eso é trasladarlle á responsabilidade ós veciños.

Os populares lembran que durante o seu mandato as críticas vertidas polo PSOE e o BNG por esta circunstancia foron sempre fortísimas. “Cada vez que había un problema coa auga, a culpa era do PP. Nós tamén poderíamos culpar ó alcalde, ó PSOE ou ó BNG, pero non somos tan irresponsables como foron eles. Solo queremos que se informe puntual e verazmente do que se está facendo para solucionar o problema e cando podemos contar con auga limpa”.

Exit mobile version