Site icon Crónica3.com A Mariña

Empresas asinaron un protocolo de colaboración co GDR para a difusión do Leader

MONDOÑEDO .- Unha vintena de empresas colaboraran co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da Comarca de A Mariña na difusión do Plan Leader,  aportarán información a súa clientela e actuarán como dinamizadoras de todos aqueles potenciais beneficiarios das axudas.

Nota de Prensa

MÁIS DE 20 EMPRESAS DE CONSULTORÍA, ASESORÍA E XESTORÍA ASINARON ESTA TARDE EN MONDOÑEDO O PROTOCOLO DE COLABORACIÓN CO GDR DA MARIÑA

A sinatura tivo lugar na Casa da Xuventude de Mondoñedo entre os representantes das distintas empresas e o Presidente do GDR.

Esta tarde tivo lugar o acto público de sinatura de protocolos entre as empresas de asesoría, xestoría e consultoría da comarca da Mariña e o GDR. Este protocolo foi elaborado como proposta desde o GDR que llo presentou ás distintas empresas nun acto celebrado a primeiros do mes pasado.

A finalidade do protocolo é a colaboración entre empresas e Grupo na difusión do Programa Leader e no seu achegamento ao sector empresarial da zona; para que, deste xeito, poida verse beneficiado das axudas que se conceden ao abeiro de tal programa.

O protocolo asinado supón que o GDR facilitará a todas as persoas interesadas información sobre as empresas colaboradoras que prestan os seus servizos de asesoramento e elaboración de proxectos para presentar ao programa Leader.

A contrapartida por parte destas empresas será facilitar información entre a súa clientela e actuar como dinamizadoras de todos aqueles potenciais beneficiarios das axudas.

“ Este protocolo é só un primeiro paso na colaboración para a difusión do programa e do que se trata é de que empresas e GDR logren un aproveitamento máximo dos fondos que se xestionan na comarca”, sinalan desde o Grupo de Desenvolvemento Rural.

Exit mobile version