Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PSOE de Cervo que o alcalde non invita os grupos da oposición aos actos institucionais

NOTA DE PRENSA:
O GMS CREE QUE O PP DE CERVO UTILIZA O CONCELLO COMA SE FOSE A SUA SEDE

A falla de respeto Isntitucional e tal que o Alcalde non invita aos grupos da oposición aos actos que se realizan dende o Concello e fai distincións entre veciños

CERVO, 10 DE MARZO. o PP de Cervo xa non garda nin as formas, a falla de respeto institucional faise palpable nas ultimas visitas que recibeu o Concello por parte de distintos cargos da Xunta de Galicia como o Director Xeral de deportes, a Delegada territorial da Xunta en Lugo ou a propia Conselleira de Traballo e Benestar Social, que a pesares de sair anunciada a súa visita nos medios de comunicación de vispera o GMS non foi avisado ata media hora antes vía telefonica.

Pero o desproposito e tal que nin os propios actos que se organizan dende o Concello de Cervo se nos comunican, nin o que e peor, se nos invita. Mostra delo son os actos celebrados polo Concello con motivo do Dia Internacional da Muller, que a pesares de non ser invitados o GMS asisteu igualmente e lamentablemente acudimos a un acto do PP encuberto a pesares de ser unha institución a que o convocaba.

Veciños de primeira e Veciños de segunda

O concello con motivo do 8 de marzo decideu conmemorar a bisaboas do Municipio, para elo estableceu un prazo de inscripción para aquelas mullleres que na súa condición de bisaboas se quixesen aputar e asi o fixeron.

As bisaboas do concello recibiron un ramo de flores, e aquelas que non puideron acudir por motivos de saúde se lles entregou directamente nas casas ao día seguinte, ata aqui todo correcto.

Pero para o alcalde de Cervo hai veciños de primeira e segunda xa que neste reparto polas casas non se lle entregou o ramo a todas as bisaboas que estaban anotadas para o evento, senon que se fixo de forma malintencionada e partidista tal e como se desenrolou o evento, deixando a algunha bisaboa que sí se anotara sen ramo.

Dende o GMS lle pedimos ao alcalde de Cervo que deixe de utilizar unha instutución como se fora a sede do seu partido e que esté a altura das circustancias, tratando a todos os veciños por igual e a admistración pública co respeto que se merece.

Exit mobile version