Fai uns días o ministro de traballo recomendaba os traballadores facer un plan de pensións. A raíz deste comentario fíxose unha enquisa no Parlamento e a inmensa maioría dos deputados manifestaron tes un plan de pensións.
Cando lin esta noticia viñéronme varias cousas a cabeza:
1.- Co enorme crise que estamos a ter, cos catro millos de parados que hai, con millos de traballadores chegando a duras penas a fin de mes, cantos traballadores pensa que poden ter un plan de pensións.
2.- En mans de que políticos estamos que non creen no sistema público de pensións. Estes políticos son os que teñen que velar por o sistema público de pensións. Estamos aviados.
3.- Cando na actual crise os bancos pasaron por dificultades tiveron que ser os fondos públicos os que foron o rescate dos mesmos. Os fondos públicos tiveron que ir o rescate dos bancos onde tiñan os plans de pensións. Ían ter un bo plan de pensións si non foran os fondos públicos o rescate dos bancos.
4.- Si o ministro de traballo considera que o sistema público de pensións e insuficiente, que incremente o seu fondo. Que recade mais recursos entre as rendas mais altas. Tamén pode ofrecer un sistema público de plans de pensións co garantía do estado.
5.- Que crase de socialista e este ministro. Quen lle deu a formación socialista. Si Pablo Iglesias levantase a cabeza non recoñecería o seu partido.