Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza Mariñarte no Forte de San Damián e en escaparates de comercios de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- Mañá comenza a cuarta edición de Mariñarte, que este ano estará presente no forte de San Damián e nos escaparates de 12 establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Ribadeo. CCA, Concello e unha das artistas presentaron esta mañá Mariñarte no salón de plenos. Mariñarte enmárcase neste 2010 na campaña O comercio en movemento.

A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, lembrou que “Mariñarte naceu nun primeiro momento como unha actividade para poñer en valor na semana santa os traballos dos nosos artistas de Ribadeo e da Mariña. O ano pasado incluimos os obras da xente nova e este ano queremos dar un paso máis e esta nova edición de Mariñarte implica ao Centro Comercial de Ribadeo, xa que 12 establecementos de mobles, complementos, informática… van participar. É dicir vai haber obras que estarán no forte de San Damián e outras que estarán ao pé da rúa neses comercios”.

A edil nacionalista suliñou que “aumentamos moito a participación dos mozos e mozas de 22 a 31 anos xa que estarán un total de 16 con nós neste proxecto. A presentación será mañá ás cinco e media da tarde na rúa Rodríguez Murias onde haberá unha performance, si o tempo o permite, de Patricia Gómez e Adriana Pardo”.

Mariñarte estará  presente desde o 26 de marzo ao 18 de abril nos escaparates de: Farmacia Montserrat Iglesias, Cerouno, Complementos Canaima, Botana, Calzados La Moda Hombre, Muebles Merille, D Complearte, Global Óptica, Hola Ola, Óptica Carreira e Gestión Integral 3000 e tamén no forte de San Damián. Alí os horarios de visita durante toda a semana santa, ademáis dos sábados e dos domingos será de 11:30 a 13:00 e de 17:30 a 20:00 horas. E o resto dos días será de 17:30 a 19:30 horas. Ademáis os centros de ensino de Ribadeo disporán de visitas guiadas para os seus alumnos e alumnas, como ven sendo habitual cada ano.

Álvarez Lastra agradeceu “ao Centro Comercial Aberto a súa participación e a implicación dos establecementos e tamén a Patricia Gómez porque foi a que elaborou con nós este proxecto e se puxo en contacto cos artistas”. A concelleira de Cultura convida a todos os veciños e veciñas de Ribadeo a disfrutar de Mariñarte e tamén a todos os que nos visitarán ao longo da semana santa.

A xerente do Centro Comercial Aberto, Beatriz Irigogoyen, manifestou o seu agradecemento aos establecementos que colaboraron directamente no proxecto, “ceder un espacio de su escaparate para exponer una obra de arte es muy importante para ellos, había mucha gente interesada, pero nos ha sido imposible incluir a todos los que querían participar en Mariñarte. Creemos que será positivo para Ribadeo porque sacamos el arte a la calle y se los exponemos a nuestros clientes para que vean que comercio y cultura no tienen porque ir separados”. Irigoyen tamén suliñou o traballo realizado por “Patricia por que nos ha servido de ayuda con todos los artistas y tengo que agradecerle al departamento de Cultura, en especial a Neves Paz, su labor porque hemos trabajado codo con codo para que el proyecto salga adelante”.

Pola súa banda, Patricia Gómez, destacou que “este ano participamos 16 artistas en Mariñarte vinculados a esta comarca. O importante é que abrimos Ribadeo ao arte contemporáneo, este ano con máis obras e con máis participación. Poderemos ver pintura, escultura, performance, video creación… incluso cousas como unha cadeira con pinchos, uns zapatos anclados en metal”. A artista agradecéulle ao Concello “o seu apoio por confiar en nós porque ainda non estamos metidos de cheo no mundo do arte, porque somos estudantes e tamén ao Centro Comercial Aberto porque nos deixa expoñer as nosas obras nos seus comercios, porque nos abren as portas para que todo o mundo poida disfrutar dos nosos traballos…”.

Os artistas que acuden á cuarta edición de Mariñarte son: Daniel Diéguez, Héctor Freijanes, Daniel Pino, Adriana Pardo, Alba López, Anxela López, Jana López, Joseba Muruzabal, Mariña Casais, Patricia Gómez, Sandra Martínez, Pablo Rodil, David Ribas, Jotace, Mª del Pilar Díaz e Daviz Catá.

Exit mobile version