Site icon Crónica3.com A Mariña

Comentarios a varias noticias da prensa da fin de semana

Hoxe lin no diario varias noticias que de unha ou de outra maneira me chamaron a atención e sobre as que vos quería dar a miña opinión. As noticias son as seguintes:
A CEOE fixo unha proposta de crear un novo contrato “basura” xuvenil que suporía cobrar menos do soldo mínimo interprofesional, non tería custe por despido e non daría dereito a paro.
Paréceme impresentable que os empresarios aproveiten a crise para facer ofertas de este tipo. Reclaman axudas públicas para financiar as empresas, para incentivar os mercados, etc, e como contrapartida queren empeorar as condicións dos traballadores.
Penso que o señor Díaz Ferran, despois da que monto na súa empresa, debería de ter un pouco mais de sentidiño a hora de facer propostas.

– Uns 1400 Xuíces piden un pacto para devolver a dignidade ao poder xudicial. Queremos aloxar o máximo posible o CGPJ da disputa política. Reclaman un gran pacto que asuma o compromiso de restituír ao Poder Xudicial e a cada un dos titulares a independencia e a dignidade que a Constitución lles recoñece.
Penso que os xuíces teñen todo o dereito a reclamar independencia. Pero eles son os primeiros que teñen que loitar pos esa independencia nas súas sentencias e no seu traballo diario. Noto en falta algunha autocrítica nesta noticia. Parece que a culpa e dos demais e que os Xuíces non teñen culpa algunha.

– España y Venezuela pactan un comunicado para reafirmar a súa loita contra ETA e colaborar co Audiencia Nacional para despexar dubidas acerca da investigación da alianza entre esta banda terrorista e as FARC.
Penso que España tá mais preocupada en manter a relación con Chaves que noutra cousa.
España ten que investigar e perseguir o terrorismo de ETA alí onde sexa que se poda agochar, moleste a quen moleste. E a súa obriga, e si non encontra a colaboración dalgún pais, e preciso, debe pedir axuda os seus socios da OTAN e a ONU.
Non vaia ser que teñamos colaborando en combater o terrorismo de outros países e non loitemos contra os terroristas de ETA que se encontran fora de España refuxiados noutros países.

– O Presidente do Consello Europeo respaldou os esforzos da ONU para buscar unha solución xusta, duradeira e aceptable para todas as partes en conflito no Sahara. Zapatero comentou que a posición de España ta xa consolidada e que apostou por Nacións Unidas e estima que o camiño do entendemento e o camiño da solución.
Penso que o que España, o resto de Europa e a ONU están facendo neste tema e falar demasiado e actuar pouco. Pasaron demasiados anos desde que España abandonou o Sahara e aínda hoxe non ta o tema solucionado. Penso que se ten que falar menos e actuar mais. Pero a este tema xa lle dedicarei unha carta mais extensa, pois merece unha reflexión mais amplía.

– A Xunta aprobará en Abril o acordo que legalizará as obras de Barreiros. O Consello da Xunta autorizará un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia, Deputación de Lugo e Concello de Barreiros para financiar i executar os proxectos de urbanización, abastecimiento e saneamento. O importe ascenderá a mais de 14 millos de euros, dos cales 5,6 aportaos a Xunta, 1,2 a Deputación e 7,2 o Concello.
Di o alcalde de Barreiros que os Barreirenses non terán que aportar nada, pois dos 7,2 millóns que aporta o Concello, 6 apórtanos os construtores e 1,2 vira da cesión do Ministerio de Fomento da N-634.
Eu alégrome de que se solucionen todos os problemas, e por suposto tamén o problema do urbanismo que teñen no concello de Barreiros. Pero quero dicirlle o alcalde de Barreiros que hai que ser mais humilde, comedido e sincero nas declaracións. Ou e que dos cartos públicos que pon a Xunta e a Deputación os Barreirenses non poñen nada. Ademais o Concello non tería outros posibles usos para o 1,2 millóns que cede Fomento.
Ademais non podemos olvidar que son cartos públicos cos que se vai solucionar un problema e crear uns servizos que terían que existir antes de dar as licencias, ou que terían que haber feito os construtores.

Exit mobile version