Nota de Prensa
A Deputacións dá a espalda ós colectivos que defenden ás persoas máis desfavorecidas
Lugo, a 19 de marzo de 2010.- A Deputación de Lugo eliminiu ás asociacións e colectivos de ámbito social das subvencións nominativas concedidas a cargo dos orzamentos deste ano.
Así, preto dunha treintena de colectivos o asociacións de carácter social, enfermidadades crónicas ou que traballan en prol da integración de persoas con discapacidades psíquicas ou físicas desaparecen do listado de beneficiarios das mencionadas subvencións nominais do presente exercicio a pesares de que o pasado ano recibiron, en conxunto, máis de 600.000 euros.
Ós populares chámalles a atención o feito de que case o mesmo importe, exactamente 591.000 euros, pase a destinarse nos orzamentos de 2010 a agrupacións de carácter deportivo, así como á celebración de diferentes feiras ou festas, que casualmente desenvólvense en concellos gobernados maioritariamente polo BNG.
Ante estas circunstancias o GPPP, aínda sen poñer en cuestión a conveniencia ou non da concesión das axudas indicadas, pregúntase se éste é un peaxe máis que se pagan os dous partidos que conforman o goberno provincial como consecuencia do reparto de áreas de influencia e consecuentemente tamén de orzamento.
Os populares puxeron de manifesto que as axudas das que foron beneficiarios os colectivos sociais en 2009 son fundamentais para o desenvolvemento do seu labor e privalos destas subvencións perxudica de xeito salientable a continuidade do seu traballo, máxime en momentos de crise no que as axudas que reciben, tanto dende as institucións como da iniciativa privada, son obxecto de merma.
Dende o GPPP indicaron asimesmo que si se interesaron por este cambio de destino das subvencións nominativas foi por indicación das propias asociacións e colectivos sociais afectados e polas queixas que lle formularon neste senso durante os encontros que o Partido Popular está a desenvolver co fin precisamente de coñecer as súas demandas e ver de que xeito pode darselle resposta ás mesmas a través da presentación de iniciativas nas diferentes administracións nas que ten representación.
Queda por tanto en entredito que en momentos de crise non se apoie a asociacións ou colectivos implicadas en minimizar o desarraigo social ou de outras que se centran na integración social e pola contra a Deputación despilfarra sin ningún tipo de control en gastos diversos máis de catro millóns de euros.