Site icon Crónica3.com A Mariña

Cinco mozos de A Mariña na dirección das xuventudes do Partido Popular en Lugo

NOTA DE PRENSA

A nosa comarca gana peso na formación  provincial das xuventudes do Partido Popular

CATRO MOZOS DA MARIÑA FORMAN PARTE DA  XESTORA PROVINCIAL DE NOVAS XERACIÓNS QUE PRESIDE O RIBADENSE DANIEL VEGA

* Juan Francisco López Prieto de Trabada, Vicente Vázquez Chao de Viveiro, Antonio Recalde Seivane de Lourenzá e Juan Antonio Gallego Prieto de Cervo desempeñaran distintas responsabilidades na nova dirección lucense.

A Mariña, 29 de marzo de 2009.- Catro mozos da nosa comarca acompañarán ao ribadense Daniel Vega –que a preside- na nova dirección das xuventudes do Partido Popular na provincia de Lugo. Deste xeito a Mariña lucense gana peso no seo deste colectivo que renovou a súa xestora o pasado sábado nun acto celebrado na cidade de Lugo.

Daniel Vega con 26 anos, enxeneiro técnico  agrícola, ata o de agora presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Ribadeo  asume a responsabilidade de liderar a primeira agrupación xuvenil da provincia de Lugo. Nesa tarefa estará acompañado doutros catro mozos como son o trabadense  Juan Francisco López Prieto que desempeñará o cargo de vicesecretario de Medio Rural, Medio Ambiente e Medio Forestal, o vivairense Vicente Vázquez Chao como vicesecretario do Mar –quen tamén preside Novas Xeracións na cidade do Landro-, o laurentino Antonio Recalde Seivane como vicesecretario de Deportes –é edil do Partido Popular no seu concello natal- e o cervense Juan Antonio Gallego Prieto que formará parte do Gabinete de Comunicación.

Daniel Vega substitúe na presidencia das novas xeracións a Antonio Basanta, natural de Cervo, actual Xefe de Relacións Parlamentarias da Consellería do Mar.

Exit mobile version