CERVO .- O bispo da diocese Mondoñedo-Ferrol, monseñor Manuel Sánchez Monge, visitou a unidade pastoral de Cervo e foi recibido no Concello de Cervo onde o alcalde, Alfonso Villares, lle entregou, en nome da corporación municipal, a figura institucional do Concello “como agasallo e mostra de cariño de tódolos veciños de Cervo”.
MONSEÑOR SÁNCHEZ MONGE FOI RECIBIDO NO CONCELLO DENTRO DA SÚA VISITA PASTORAL
Cervo, 15 de marzo de 2010.- Monseñor Manuel Sánchez Monge, bispo da diocese Mondoñedo-Ferrol foi recibido este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e por varios membros da corporación municipal na casa consistorial deste termo municipal.
Monseñor Sánchez Monge aproveitou a súa súa estadía nas dependencias municipais -a cal estaba enmarcada dentro da súa visita pastoral que está a desenvolver á Unidade Pastoral de Cervo- para firmar no libro de honra do Concello.
Durante o encontro o alcalde aproveitou a visita do bispo para facerlle entrega en nome da corporación municipal da figura institucional do Concello “como agasallo e mostra de cariño de tódolos veciños de Cervo”.