XOVE .- Monte celebra as súas festas patronais os días 2,3 e 4 de abril na honra San Isidro. Haberá verbenas, ruta de senderismo e xantar veciñal, aberto a todo o mundo, a 20 euros o ticket.
Nota de Prensa
FESTAS DE SAN ISIDORO EN PENASAGUDAS-MONTE
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por Tonio, Enrique, Pepito, Fino e Felipe, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 2, 3 e 4 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
VENRES, 2 DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coas formacións musicais: “ABANICO” e “LEMBRANZA”.
SÁBADO, 3 DE ABRIL:
-12:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “RIA DE BETANZOS”.
-15:00 horas.- Xantar Veciñal, aberto a tódolos públicos, servido pola Empresa Villapol nunha carpa cuberta. Neste xantar, ademáis dos veciños, poderá participar calquer persoa de fora previa adquisición no Centro Social da Parroquia dun ticket de 20 euros.
-17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZAS” e “RIA DE BETANZOS”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 4 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola PASADA DAS CABRAS.
-17:00 horas.- Verbena con: “CÉSAR O PÍNDARO”.
A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.