Site icon Crónica3.com A Mariña

Castelao sabíao




Debuxei sempre en galego; escribín sempre en galego; e se tirades o que hai de galego e de humano na miña obra non ficaría nada dela“. Castelao sabíao.

Sabía que algún día chegaría alguén para facer escarnio da súa persoa e, o que é máis grave aínda, de todo o pobo galego. O que nunca pensou Castelao é que ese persoeiro non só sería dos nosos, senón que ostentaría a presidencia do goberno autónomo. Tristura? Desprezo? Carraxe? Non! O que eu sinto é unha fonda pena pola prepotencia e a escuridade coa que noso presidente (o de todos) se presentou no Parlamento Galego como un vulgar showman e leu un texto do noso Castelao (o de todos) traducido. Deséxolle ao señor Feijóo e ao seu goberno que, se nada de galegos hai neles, tal e como deixou escrito Castelao, que polo menos haxa algo de humano.

Marco López

Exit mobile version