Liga Senior.- Nesta categoría temos que falar dun nome propio, todo un clásico nas nosas tiradas como é Carlos Javier Rodríguez, quen foi capaz de gañar tanto en Morás como en O Cruceiro, o que lle supón ocupar a cuarta posición con 86 puntos, a un só punto do terceiro que é César Cancelo. Dos 86 puntos de C. Javier, só 14 foron obtidos na primeira volta, polo que, se houbese sido un pouco máis regular nesa primeira volta, estaríamos falando dun serio aspirante ao trunfo final; pero bueno, con este ritmo e o estado de forma no que está, o podium final tórnase moi factible. Dende logo, César Cancelos que non se despiste. Quinto, con posibilidades inda de subir ao podium temos a Moisés Rodríguez, irmán de Carlos Javier, quen a duras penas resiste o empuxe dos anteriores.
No liderato as cousas non varían moito, dado que nestas dúas tiradas as puntuacións do líder Ginés Rodríguez e do segundo José Rafael González foron moi similares. Por certo, a bolera de O Cruceiro non se lle dá nada ben ao líder, e o seu noveno posto atestíguao, pero inda así, Rafa non foi capaz de aproveitar esta oportunidade; a falla de 2 tiradas, Ginés Rodríguez ten moito avanzado para proclamarse campión, dado que 10 puntos son moitos para só dúas tiradas, inda que nos bolos, nunca se sabe. Sinceiramente cremos que este é o seu ano; está xogando con regularidade, moi inteligentemente, con cabeza, non cegándose nas tiradas e sempre sumando.
Liga Sub 18.- Nesta categoría xa hai moitas cousas decididas, e a primeira é que Jose Vigo é o virtual gañador desta edición da Liga Sub 18, dado que a falla de 2 tiradas, sácalle unha renda de 13 puntos a Cristian Rodríguez; matemáticamente Cristian podería pasalo, pero tería que gañar as dúas tiradas que quedan máis a bolada, e Jose Vigo non puntuar, cousa harto difícil. Cristian tamén ten prácticamente asegurado o subcampeinato, porque os 10 puntos de ventaxe antóxasennos moi difíciles de superar. Para o terceiro posto np dodium final, vai haber unha loita pechada entre Óscar Pérez e Andrés Rodríguez, ambos con 49 puntos.
Liga Feminina.- Aquí xa temos un nome propio, e non é outro que CARMEN ROCA, que este domingo en O Cruceiro proclamouse primeira CAMPIONA DA Iª LIGA FEMININA CONCELLO DE XOVE. Cremos que é campeona con todo merecimento, dado que leva catro victorias seguidas e 10 en todo o campionato. Do seu nivel de xogo, decir que foi capaz de meterse entre os 10 primeiros na tirada da Liga Senior de O Cruceiro. Subcampiona, e única rival que lle plantou cara a Carmen, foi Dolores Meitín, quen tamén ten asegurado o seu posto matemáticamente. Para terceira posición final que dá pé a un posto no podium, temos tres xogadoras con posibilidades claras, que son Salomé Bermúdez con 29 puntos, Marta Álvarez con 27 e Concepción Piñeiro con 24.
A vindeira tirada (a XVIIª) terá lugar o vindeiro sábado 13 de marzo no Centro Social de Vilachá, e remataremos a Liga o sábado 13 de marzo no Centro Social de Sumoas coa entrega final de Premios e Trofeos.
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS (6 MARZO 2010) 36 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 151 | 12 |
SEGUNDO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 150 | 10 |
TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 145 | 8 |
CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 136 | 7 |
QUINTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 130 | 6 |
SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 115 | 5 |
SÉTIMO | JORDI MEITÍN SERANTES | 110 | 4 |
OITAVO | MODESTO ALBO VIDAL | 107 | 3 |
NOVENO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 105 | 2 |
DÉCIMO | MOISÉS RODRIGUEZ CASABELLA | 97 | 1 |
MELLOR BOLADA | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 63 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 93 | 6 |
SEGUNDO | ALEX MEITÍN SERANTES | 86 | 4 |
TERCEIRO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 83 | 3 |
CUARTO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 61 | 2 |
QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 59 | 1 |
MELLOR BOLADA | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 53 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA C ORRAL | 76 | 6 |
SEGUNDO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 58 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 36 | 3 |
CUARTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 21 | 2 |
QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 15 | 1 |
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO (7 MARZO 2010) 31 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 172 | 12 |
SEGUNDO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 162 | 10 |
TERCEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 146 | 8 |
CUARTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 129 | 7 |
QUINTO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 111 | 6 |
SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 109 | 5 |
SÉTIMO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 103 | 4 |
OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 101 | 3 |
NOVENO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 99 | 2 |
DÉCIMO | CARMEN ROCA CORRAL | 96 | 1 |
MELLOR BOLADA | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 65 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 117 | 6 |
SEGUNDO | JOSE VIGO LAGE | 99 | 4 |
TERCEIRO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 95 | 3 |
CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 66 | 2 |
QUINTO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 23 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 53 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 96 | 6 |
SEGUNDO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 86 | 4 |
TERCEIRO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 48 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 48 | 2 |
QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 46 | 1 |