A política mariñá é tan reiterativa que resulta difícil evitar a caída no tópico de que a historia repítese, sobre todo agora, cando nos enfrontamos a un caso típico de alguacil alguacilado. Refírome á loita cainita polo poder que pode seguirse non pedios, dia a dia nesta franxa costeira da provincia de Lugo..
O cainismo é unha práctica común no seo de toda organización onde hai máis aspirantes ca postos vacantes e os actores apostan por seguir aínda reducindo os combatentes plantados fronte a fronte e ampliando así as súas posibilidades de gozar das migallas do cargo. Sucede dentro do partido, fóra, como “cargo electo” ou “representante” dos cidadáns, concellais e alcaldes, que é o que nos toca mais preto.
Quizabes, como case sempre e bo volta a lección de historia: España abandona a ditadura para entrar na partidocracia a imaxe e semellanza do totalitarismo de partido único de corte soviético ou nazi. Esa é a tendencia de todo partido político nas democracias europeas. Non tanto, e estes días son un claro exemplo, na norteamericana. O líder do partido con posibilidades gobernamentais organízase xerárquica e univocamente en torno ao xefe, sexa presidente ou secretario xeral. Na oposición as algaradas son comúns, pero nunca, ata agora, polo menos coa suficiente relevancia, no poder.
O que convén tras unha derrota cando o proxecto e director de proxecto perdedor se aferra á cadeira de brazos, non só en por si, senón tamén confiando en susuradores deses que aspiran ás migallas, ou algo máis. A alternativa é sa, e senta ben a condición de que os congresos non se resolvan á búlgara e todo cambie para que todo siga igual.
Todo isto ben a conto pois a asociación cultural Os Aventados entregou onte os seus premios anuais, no apartado de ÁRDELLE O CARRO “adicado a aquelas persoas, animais ou cousas do norte galego que se distinguiran ao cabo do ano pola súa nefasta xestión no ámbito social, político, artístico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio”. Acordou a concesión do premio en o : CAINISMO POLÍTICO
Un dos males peores nestas terras do norte a a puñetera manía de prescindir da xente válida e deixala tirada no camiño, non hai partido que non desperdicie unha parte do seu capital humano por vendetas orgánicas que tanto dano fan á propia organización. Sucede en todas as casas ou sedes dos partidos por aquí: PP, PSOE, BNG e todo o resto, si e que existen, súmanse o carro.
Como case sempre os nosos “lideres”, e por chamarlles algunha cousa prefiren á xente mansa, con poucos escrúpulos e que saiban dobrar o xeonllo ante o “mandón de turno”, cando non tránsfugas e chaqueteiros do cal temos unha boa colleita na bisbarra, mellor ca de nabos ou patacas de cedo.
Otero Regal