Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela propoñerá variacións no POL nunha zona de A Marosa, nunha parte de O Perodouro e na zona de Foxo

BURELA (FNC) .- O rexedor de Burela, Alfredo Llano, fixo balance do encontro que mantivo o venres pasado en Santiago co director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, para analizar o Plan de Ordenación do Litoral. Alfredo Llano contou que “o que fixemos foi incorporar ao POL tal e como estaba no noso plan xeral unha parte afectada no Perdouro que estaba sin considerar e volvemos a recuperala. Hai unha zona de conflicto, que é A Marosa, que se considera no Plan de Ordenación do Litoral unha zona de protección extraordinaria, non sabemos exactamente moi ben por qué ten esa categoría. O que imos facer é procurar incorporala ó noso plan xeral dalgún xeito, como un terreo para ubicar certas cuestións que sexan interesantes como instalacións deportivas ou outro tipo de equipamentos para uso público”.

O alcalde engadiu que “tamén avanzamos bastante no referido á zona de Foxo, que estamos tratando de incorporar tal como estaba redactado no plan xeral. O que imos facer estes días é tratar de poñer todas estas alegacións que tiñamos previstas como estaba marcado no plan xeral de Burela para que o POL nos afecte o mínimo posible e poidamos seguir con tódalas garantías de expansión e desenvolvemento de Burela. Nos próximos días imos enviar para informar o plan xeral do Concello e despois dirannos si asumen ou non o que nós plantexamos”.

Exit mobile version