O edil nacionalista sinala que “o Concello de Burela estará presente un ano máis nun dos escaparates turísticos e gastronómicos máis importantes de España e Portugal, un evento que concentra a máis importante presenza de expositores de do país veciño e que nesta edición incrementa o seu posicionamento segundo a organización preto dun 8% cunha representación que se achega a un importante número de institucións e concellos”. En Expourense haberá máis de 120 expositores nun recinto feiral duns 12.000 metros cadrados. A organización agarda para esta edición a presenza de máis de 20.000 visitantes.
González Legazpi segue a contar que “nesta XI edición de Expourense 2010 están convidadas as comunidades de Andalucía, Asturias, Extremadura e Canarias, xunto coas rexións turísticas portuguesas de Porto, centro, norte e Douro, xunto con Concellos, Deputacións, Consulados e outras institucións, o que representa un importante punto de encontro para o turismo e a gastronomía. Consecuencia ésta pola que o Concello de Burela estará presente un ano máis neste interesante certame, para seguir valorizando o noso interese turístico e gastronómico, no senso de afianzar e posibilitar cotas de crecemento para Burela dentro do ámbito turístico”.
O concelleiro de Turismo engade que “Burela estará presente en Expourense 2010 con stand propio, donde se divulgarán todos os nosos recursos turísticos, gastronómicos, culturais e históricos dentro dun espazo de importante repercusión pola súa situación xeografica de conexión coa meseta e o norte de Portugal e mesmo pola súa importante repercusión gastronómica consolidada no ámbito internacional, e por tanto de grande trascendencia para a potenciación do turismo para o Concello de Burela”.