O alcalde, Alfonso Fuente, sinalou que “esta semana en Barreiros iniciamos xa a limpeza nas praias, a posta a punto da nosa costa dado que temos a ponte de San Xosé e logo xa ven a Semana Santa e si o tempo segue así recibiremos a un montón de visitantes no noso concello”. O rexedor lembrou que “estes traballos vímolos realizando desde hai anos, limpando os paseos, rozando toda a costa e retiramos todos os residuos que deixar o mar nas praias ao longo do inverno”.
Fuente Parga anunciou que “tamén para esta fin de semana e para a Semana Santa contaremos xa con algúns voluntarios que velarán pola seguridade nas praias para aquela xente que decida bañarse e tamén contaremos cunha embarcación para actuar rapidamente en caso de que se produza algún problema. De todos os xeitos aqueles que decidan meterse na auga, que teñan en conta que este servizo se presta a través de voluntarios, entón que o teñan sempre presente”.