Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación “O Castro” de Foz convoca asemblea xeral e unha cea baile que amenizará Chingla e Salva

FOZ .- A asociación de Veciños “O Castro” de Foz celebra a asemblea xeral o día 17 de abril e unha cea-baile no restaurante Leyton de Foz, amenizada por Chingla e Salva. A actual xunta directiva decidiu optar á reelección para poder continuar o seu proxecto.

Nota de Prensa

Convocatoria de Asamblea e cea-baile

Desde a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz comunícase a todos os asociados que o vindeiro sábado 17 de abril celebrarase a Asamblea Xeral de socios. Dita asamblea será ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20h30 en segunda. Ademais do orde do día que consta na convocatoria que oportunamente se lle enviou ós asociados, está prevista a elección da nova Xunta Directiva para o próximo bienio, de acordo cos Estatutos. A tal fin, poderanse presentar as candidaturas que se desexen ata o mesmo día da Asamblea Xeral. A actual Xunta Directiva decidiu optar á reelección para poder continuar o seu proxecto.

Por outra parte, ese mesmo día (sábado 17 de abril) celebrarase una cea-baile a que poderán acudir todos os interesados. Será no Restaurante Leyton de Foz ás 22 horas, amenizada por Chingla e Salva e o seu prezo é de 10 € para socios e 25 € para non socios. Para anotarse e recoller a tarxetas hai de prazo ata o mércores 14 de abril, acudindo ó local social de 18h a 20h os venres, chamando ós teléfonos 677 78 82 57 e 618 95 65 26 ou no correo electrónico avcastrodefoz@concellodefoz.es.

Convocatoria

Foz, 5 de marzo de 2010

Estimado Socio:

Pola presente comunícoche que a Xunta Directiva desta Asociación acordou
convocar Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria para o vindeiro sábado 17 de
abril de 2010, ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda
convocatoria. A reunión terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Foz. A
orde do día será a seguinte:

1º Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2º Actuacións levadas a cabo durante 2009
3º Estado de contas
4º Información sobre a participación da Asociación na Plataforma en
Defensa da Área Sanitaria Norte e continuidade na mesma.
5º Presentación de candidaturas
6º Elección da nova xunta directiva
5º Rogos e preguntas

As candidaturas para a elección da nova xunta directiva poderán ser
presentadas ata o mesmo día da Asamblea mediante escrito dirixido a esta Xunta
Directiva onde conste a relación dos socios con indicación dos postos a ocupar
(presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, vicesecretario/a, tesoureiro/a e un mínimo
de seis vogais).

Exit mobile version