Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que Portos de Galicia estudará a reordenación da dársena do porto de Burela pero non sabe cando

Nota de Prensa

Portos de Galicia encargará un estudio da reordenación da dársena interior do porto de Burela.

A ampliación e millora do vial de acceso ó Berbés, pendiente do remate do procedemento de ocupación de terreos.

González Barcia reúnese en Santiago co presidente de Portos de Galicia.

Portos de Galicia realizará un estudio de reordenación da dársena interior do porto de Burela de cara a aproveitar o máximo posible a lámina de auga existente. Portos de Galicia, que preside José Manuel Alvarez Campana, atenderá de esta forma a petición de José María González Barcia, presidente do PP de Burela e portavoz municipal, tal e como se puxo de manifesto nunha reunión que ambolosdous mantiveron antonte, martes, en Santiago, na sede de Portos de Galicia.

González Barcia indicou que esa reordenación interior pode beneficiar de forma importante ós usuarios do porto burelés. Barcia non se comprometeu a dar prazos, ainda que agarda que o estudio estea feito no presente ano.

Outro dos temas abordados foi a realización da obra de ensanche e millora do vial de acceso ás instalacións de ABSA desde Eijo Garay. Esta obra tén consignación presupostaria para o presente ano e o vindeiro, cun total de practicamente cen millóns das antigas pesetas, e a súa licitación está pendiente de que se resolva o procedemento de ocupación de terreos, agora en marcha.

Alvarez Campana manifestoulle a González Barcia que ó día seguinte de pecharse tal procedemento Portos de Galicia comenzará os trámites para a execución da obra, fundamental para a actividade de ABSA como para a potenciación do solo industrial de corenta mil metros cadrados que se atopa entre ABSA e o acantilado.

Con respecto a esta superficie, Barcia solicitoulle a Alvarez Campana que se estudie algunha fórmula de potenciación do indicado solo industrial, dado que se contempla como un futuro lugar de asentamento de empresas vencelladas co mundo do mar a medio prazo. Portos deseñará estratexias para impulsar a instalación de empresas nesa superficie.

González Barcia valorou positivamente a entrevista, que se enmarca dentro das reunións e conversas que vén mantendo con responsables da Xunta, especialmente con aqueles que ostentan responsabilidades que inciden directamente en Burela e resaltou que a Xunta de Núñez Feijoo está cumplindo con Burela, a pesares da crise económica galopante derivada da incapacidade do Goberno Zapatero.

Finalmente, Barcia lembrou que o porto de Burela xunto co de Celeiro contan desde hai semanas con camaras de vixiancia que permiten, senon garantir totalmente, si alomenos aumentar a seguridade de buques e traballadores e usuários do recinto portuário.

Exit mobile version