Nota de Prensa
O GPPP asegura que a Deputación dá as costas a PEMEs e autónomos cando máis o necesitan
Guitiriz, a 31 de marzo de 2010.- O Partido Popular bota en falla un apoio decidido por parte da Deputación ás PEMEs e autónomos da provincia de Lugo, máxime tendo en conta que a situación de crise actual está a provocar graves dificultades para que poidan continuar a súa actividade e que incluso xa abocou a moitos a pechar as súas portas.
José Manuel Barreiro fixo está valoración negativa durante unha visita ó polígono industrial de Guitiriz na que estivo acompañado polos deputados provinciais Armando Castosa e José María González Barcia, así como polos concelleiros populares neste concello encabezados pola súa voceira María José Vázquez.
O voceiro do PP na Deputación argumentou a súa crítica indicando que dous meses despois de solicitar ós responsables da administración provincial a relación de axudas concedidas a autónomos e PEMEs con cargo ós orzamentos de 2008, “aínda descoñecemos o montante total das subvencións otorgadas e si xa foron aboadas os seus beneficiarios”.
Os populares, segundo explicou, tampouco dispoñen de información sobre si xa se resolveu a convocatoria correspondente ó ano 2009 por este mesmo concepto. “É moi preocupante que nunha situación de crise xeral como a que estamos a vivir a Deputación permaneza insensible ós apuros que están a pasar os autónomos e as pequenas e medianas empresas en non axilice a resolución destas axudas”, indicou.