Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que “busca forzar ao goberno central a desbloquear a chegada do gas natural” A Mariña

Nota de Prensa

Presentará  unha batería de iniciativas, tanto nos plenos municipais como no Parlamento de Galicia e o Senado para que o Executivo socialista central adxudique de xeito urxente o gasoduto da Mariña, compromiso que incumpre desde o ano 2008

O PARTIDO POPULAR BUSCA FORZAR AO GOBERNO CENTRAL A DESBLOQUEAR A CHEGADA DO GAS NATURAL

AOS CONCELLOS DA MARIÑA LUCENSE

* “As familias e as empresas desta comarca tamén teñen dereito a dispoñer da enerxía do futuro: o gas natural; máis barato, máis limpo, máis seguro e máis práctico que os combustibles actuais” –sentenciaron os deputados Balseiro e Álvarez Chao

* A senadora Gueimunde esixe saber os motivos polos que se está  adiando esta infraestructura vital para a economía da comarca e reclamará  ao Executivo socialista que concrete prazos.

Burela, 31 de marzo de 2010.- O Partido Popular busca forzar ao Goberno central a desbloquear a chegada do gas natural aos concellos da Mariña lucense, para iso presentará unha batería de iniciativas, tanto  nos distintos plenos municipais como no Parlamento de Galicia e o Senado a través das que instará ao Executivo socialista central a adxudicar de xeito urxente o gasoduto da Mariña, un compromiso que o Goberno de Zapatero incumpre desde o ano 2008.

En rolda de prensa, celebrada no día de hoxe, os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao explicaron que as familias desta comarca tamén teñen dereito a dispoñer da enerxía do futuro –en referencia ao gas natural-.  “Non podemos nin queremos resignarnos a que A Mariña lucense perda de novo un servizo, como consecuencia dos recortes e  a falta de compromiso do Goberno socialista  central”-concluíron.

MÚLTIPLES VANTAXES

Entre as múltiples vantaxes desta nova fonte de enerxía está que é moito máis barato que os combustibles empregados na actualidade; máis limpo, pois reduce considerablemente as emisións negativas para o medio ambiente; máis seguro, pois o gas natural non é tóxico, é inodoro, incoloro e un 65% máis lixeiro o que o aire o que permite que se disipe rapidamente diminuíndo a posibilidade de combustión; e máis práctico, pois pode ser distribuído a través de sistemas de tubaxe o que garante un servizo continuo e eficiente.

INCUMPRIMENTOS SOCIALISTAS

Balseiro e Álvarez Chao lembaron que o gasoduto, incluído na planificación estatal dos sectores do gas e a electricidade 2002-2011 cunha categoría A (o que xustificada a súa viabilidade técnica e económica e polo tanto a súa prioridade de execución), aínda non se puxo en marcha, cando as previsións do Executivo apuntaban ao 2008 como o ano en que deberían estar adxudicadas as obras de construción.

Os parlamentarios autonómicos subliñaron que o director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, en comparecencia na Comisión 6ª de Industria, enerxía, comercio e turismo do 12 de Marzo do 2010, na Cámara galega, asegurou que mantivo contactos co Estado –o último o pasado 11 de Novembro- dos que obtido o compromiso de rematar cos obstáculos de tipo xurídico que impedían a adxudicación definitiva da rede de distribución de gas na Mariña. Malia todo a devandita promesa tampouco se cumpriu polo que en xaneiro deste mesmo ano a Xunta remitiu unha carta ao Ministerio recordándolle os compromisos adquiridos para con esta infraestrutura, da que aínda se agarda contestación.

SENADO: PREVISIÓNS E PRAZOS CONCRETOS

Na rolda de prensa tamén deron conta das iniciativas impulsadas pola senadora María del Carmen Gueimunde quen esixe saber os  motivos polos que se está adiando esta infraestrutura vital para a economía da comarca. Con este reclamára na Cámara baixa ao Executivo socialista que concrete prazos e que confirme se o proxecto sigue nos plans estatais do Goberno.

Gueimunde quere saber cales son as previsións do Goberno para este exercicio en relación a esta infraestrutura e recorda que concellos como Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Xove e Viveiro –beneficiaros da primera fase de implantación- a consideran estratexicamente moi relevante. “O gasoduto non só achegaría aos fogares da bisbarra as vantaxes dun combustible máis seguro e menos contaminante, senón que resultaría esencial para grandes empresas asentadas na zona como a multinacional ALCOA”.

Exit mobile version