Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que adquiriu o compromiso de restablecer as autopsias en Burela e Monforte en dous meses

Nota de Prensa

Así  o adiantou o director xeral de Xustiza na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia celebrada o 5 de marzo de 2010 en resposta a unha iniciativa dos deputados Jose Manuel Balseiro e  Dámaso Rodríguez López

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE A XUNTA  XA ADQUIRIU O COMPROMISO DE RESTABLECER AS AUTOPSIAS NOS HOSPITAIS DE BURELA E MONFORTE NUN PRAZO MÁXIMO DE DOUS MESES

* Ademais para facer este servizo permanente no tempo, e evitar prazas vacantes a Xunta do PPdeG creou unha bolsa de traballo para tres médicos titulares e 4 máis de cota de reserva.

* O Partido Popular desde a Xunta tamén comarcalizará o servizo de transporte de cadáveres centralizado na cidade de Lugo   pola Xunta bipartita , o que contribuía a demorar o tempo de entrega ás familias do corpo do falecido.

Santiago, 18 de marzo de 2010.- O Grupo Popular lembra que a Xunta de Galicia xa adquiriu o compromiso de restablecer o servizo de autopsias nos hospitais de Burela e Monforte nun prazo máximo de dous meses. Así o adiantou o director xeral de Xustiza na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia celebrada o 5 de marzo de 2010, precisamente en resposta a unha iniciativa dos deputados do PPdeG, Jose Manuel Basleiro Orol e Dámaso Rodríguez López.

Ambos compromisos do novo Goberno converten en improcedente por ex temporánea a iniciativa que o PSOE someteu a debate no día de hoxe reclamando algo que xa está a solucionarse, segundo o PPdeG. Esta situación demostra ademais que os socialistas “sempre van a remolque e sempre chegan tarde” no que a esta reclamación se refire segundo manifestou José Manuel Balseiro. En todo caso, e en aras ao consenso final, o Grupo Popular propiciou no día de hoxe un acordo parlamentario xunto co resto das forzas políticas. O texto final empraza á Xunta a restablecer este servizo de exames forenses nos hospitais de Burela e Monforte, no prazo dado polo director xeral  de Xustiza –antes de dous meses-

O texto transacionado recolle tamén o apoio ás dúas iniciativas postas en marcha pola Xunta para mellorar o servizo: A creación dunha bolsa de traballo a nivel provincial, con prazas para tres médicos titulares e catro máis de reserva, e coa que se axilizaría a cobertura das vacantes que puideran producirse nos hospitais lucenses –situación que impide hoxe realizar as autopsias nas bisbarras do norte  e sur lucense-; e tamén o apoio á intención do novo Executivo galego de comarcalizar o servizo de transporte de cadáveres centralizado na cidade de Lugo pola Xunta bipartita, o que contribuía decididamente a reducir a demora no tempo de entrega ás familias do corpo dos  falecidos que precisan  dunha análise forense previa á inhumación.

NON HAI OBSTÁCULOS PARA A  DESCENTRALIZACIÓN

Jose Manuel Balseiro Orol, encargado de defender a emenda do PPdeG á iniciativa do PSOE, negou que o convenio de creación do IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia), posto en marcha polo  Goberno de Manuel Fraga supuxera a centralización do servizo, tal e como afirmaron os  socialistas. De feito sen variar este decreto, nin a estrutura do propio  IMELGA leváronse adiante autopsias nos hospitais de Burela e Monforte sen ningún problema. Balseiro explicou que existía un  convenio entre  o Sergas e a Consellería de Presidencia que precisamente  posibilitaba o uso das salas de autopsias dos hospitais galegos polos médicos forenses do IMELGA. Ademais lembrou que foi o Goberno  bipartito quen tomou a decisión política de centralizar na cidade de Lugo as autopsias, cuestións que despois tivo que rectificar,  movido polo presión social e a exercida polo Grupo Popular no Parlamento.

Exit mobile version