Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Burela que “nos momentos alcistas do ciclo económico” autónomos é pemes teñen unha importancia transcendente

NOTA DE PRENSA

Os populares piden que o concello apoie que autónomos e empresarios aplacen o pago do IVE das facturas non cobradas.

Para o PP, “unha grande parte do tecido socioeconómico burelés débese ós autónomos e ás pemes”.

Pernas Chao e González Barcia presentan unha moción ó respecto.

O PP de Burela anunciou hoxe que vén de presentar unha moción para que o Concello de Burela apoie a promulgación dunha norma legal que permita ós traballadores autónomos e pequenas e medianas empresas non liquidar o IVE das facturas que ainda non foron cobradas en tanto en canto o cobro non se efectúe.

Esta moción, presentada por Pablo Pernas Chao e José  María González Barcia, lembra que hai un mes o Congreso dos Deputados acordou por unanimidade a toma en consideración dunha proposición de lei presentada polo PP sobre este asunto.

Pernas Chao e González Barcia consideran que este colectivo de traballadores  autónomos é pemes tén unha enorme e trascendental importancia dentro do tecido socioeconómico burelés, polas súas diversas funcións de empregadores, xeradores de actividade económica e outras de  calado social, como as de fixación da poboación no noso termo municipal.

Pernas Chao e Barcia indican que tamén é sabido que nos momentos alcistas do ciclo económico a súa actividade coma empresarios é crucial para explicar o  dimensionamento do mercado laboral e o gran aumento da empregabilidade,  tendo en conta a estructura productica da economia galega en xeral e burelesa en particular,  son os autónomos e pequenos empresarios os que asumiron a responsabilidade de seren, coma colectivo, uns dos principais axentes de creación de emprego no noso concello.

Os concelleiros populares lembran que os traballadores autónomos e as  pequenas e medianas empresas están véndose moi afectadas pola crise económica que atravesa noso país. O número de autónomos afiliados á Seguridade Social estase a reducir e consecuentemente a creación de empresas.

Asimesmo, autónomos e PEMES están atravesando os mais graves atrancos e son os que atopan mais  dificultades para obter financiación. A maioría das PEMES que acudiron a unha entidade para solicitar crédito tiveron problemas para obtelo.

Por todo elo, aseguran Pernas Chao e González Barcia, o Congreso dos Deputados, a instancia do Grupo Parlamentario Popular, aprobou  o 21 de abril de 2009, unha Proposición non de lei relativa á medidas fiscais para mellorar a liquidez de PEMES  e autónomos que non cobren as súas facturas.

A pesares do tempo transcurrido, o Goberno non deu cumplimento ao mandato do Congreso dos Deputados, polo que o 8 de octubre de 2009 se promoveu unha proposición de lei para modificar a Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido, co fin de eximir a PEMES e autónomos da obligación de tributar por IVE polas facturas non cobradas.

Pernas Chao e González Barcia confían que a moción sexa apoiada pola totalidade da corporación burelesa dada a unanimidade existente no Congreso para a tramitación desta norma legal.

Exit mobile version