Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non comparte declaracións do alcalde de Burela sobre o corredor de Barreiros a San Cibrao

NOTA DE PRENSA

Os populares pídenlle “seriedade” ó alcalde sobre o corredor Barreiros-San Cibrao.

Para o PP, “foi el quen dixo que se falaría con Blanco, e agora incumple”.

Consideran as manifestacións do alcalde “preocupantes e un despropósito”.

O PP de Burela manifestou hoxe que as declaracións do alcalde sobre a entrevista co Ministro de Fomento para falar do trazado do corredor Barreiros-San Cibrao son “un despropósito e un galimatías”, cando é un asunto no que hai que actuar con moita seriedade.

Partido do feito de que para Burela o tramo que tén máis importancia é precisamente o tramo Barreiros-San Cibrao, porque nos leva directamente á Autovía do Cantábrico, e tamén recoñecendo a importancia do tramo hacia Ferrol, os populares consideran que as declaracións do alcalde son, ademais, preocupantes, por varios motivos.

En primeiro lugar, o alcalde anunciou el mesmo no verán pasado que se celebraría unha reunión co Ministro de Fomento, José  Blanco, para expoñerlle a opinión do concello sobre o trazado do corredor ó seu paso polo noso concello. E non contento con decilo unha vez, repiteu o mesmo varias veces. É máis, díxoo na prensa e tamén durante as reunións que houbo no concello para plantexar as alegacións. Agora resulta que di que é posible que haxa a reunión pero non confirma nada. Eso significa que este home, unha vez máis,  incumpliu o que dixo, polo que non é de fiar, hoxe di unha cousa e mañá di outra.

En segundo lugar, non pode confundir o tramo Barreiros-San Cibrao co tramo San Cibrao-Ferrol, por unha sinxela razón. O segundo, o San Cibrao-Ferrol, xa tén feitas as expropiacións, conta con moitos tramos cos proxectos e presupostos aprobados, e mesmo algún tramo xa adxudicado. Polo tanto, a obra está en marcha. Pero é que no que respecta ó tramo Barreiros-San Cibrao por non haber non hai nin un trazado decidido, e precisamente por eso é vital a entrevista co Ministro de Fomento.

En terceiro lugar, hai que lembrarlle ó alcalde que as alegacións están a punto de seren resoltas, e sería bon coñecer de primeira man cal é o sentido desa resolución, para que Burela non se vexa perxudicada. Non sabemos nada.

En cuarto lugar, mezclar a mancomunidade cos intereses específicos do concello de Burela e dos seus cidadáns hasta é de mal gusto, porque pretende eludir a responsabilidade que tén como alcalde; esto non é novo, xa nos tén acostumados a decir que a culpa nunca é del. Nós pediríamoslle ó alcalde que, xa que asiste a menudo ás reunións que o PSOE convoca polo tramo San Cibrao-Ferrol, que se preocupe polo que realmente nos afecta ós de Burela, porque a saída natural de Burela foi e é hacia o que será a A-8. Ainda que agora parece que o alcalde quere cambiar tamén as conductas e os comportamentos dos cidadáns neste asunto.

Finalmente, casi estamos convencidos de que non nos merecemos este alcalde, que como se ve preocúpase e traballa todos os días mirando polos nosos intereses. Só tén unha pequena pega, que nunca asume responsabilidades e que muda de opinión con certa frecuencia, o que nos leva á conclusión que efectivamente non o merecemos, pero precisamente porque non é de fiar e non tén compromiso decidido co concello.

O que se lle pide é que cumpla os seus compromisos, contraídos diante non só do PP senón dos colectivos que participaron na elaboración das alegacións, e que nos manteña informados, porque desde a presentación das alegacións non volveu a convocar ningunha reunión para informar de nada. Ós cidadáns non lles chega con que alcalde finxa ir de bon pola vida, hai que actuar, que para eso, de momento, é o alcalde.

Exit mobile version