Íntimamente ligada á poesía marcha a música. É tanto así que antigamente a poesía foi escrita para ser cantada, e unha característica da mesma é o ritmo e a musicalidade, por eso ámbalas dúas – música e poesía – van tan unidas, ó punto que ésta represéntase por unha lira, que é instrumento musical. A arte e, polo tanto a música, así como os sentimentos, están unidos de maneira inseparable co intelecto. Calquera representación artística ou humana é portadora de sentimentos, aínda sen que o propio individuo o pretendera ó realizala. Todos sabemos que o amor é o sentimento de maior pegada do ser humano.
O amor, a poesía e a música, non son só inspiración, senon tamén intelixencia, coñecemento e forza de vontade como, unha vez mais, poidemos apreciar o sábado pasado, día 6 de marzo, no acto organizado pola biblioteca pública de Foz para a entrega de premios do certame de San Valentín, a través da aleccionadora intervención do noso poeta de Nois, Paco Rivas, excelente rapsoda, e a brillante actuación de Escolma de Meus, que pon no ar a ledicia das súas vellas melodías, románticas e nostálxicas, para goce, sobre todo, dun público de case que esquecidas vivencias. Pero xa se sabe que para o amor non hai idades nen fronteiras…
Suso Fernández