Xoves comeza na OMIC as actividades que organizan Cajastur e o Concello de Ribadeo arredor do oso pardo e o seu hábitat a través da exposición de paneis do profesor Díaz-Formentí. Uns 80 alumnos do colexio Sagrado Corazón acudirán á OMIC mañá xoves a partires das 9:45 e o venres será o turno para outros 80 do Gregorio Sanz ás 10 da mañá. Todos terán a oportunidade de participar nunha visita guiada e nun obradoiro.