Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos dos colexios de Ribadeo celebrarán o día da árbore organizado polo concello

RIBADEO (FNC) .- Os nenos dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón celebrarán mañá xoves o día da árbore con actividades organizadas pola Delegación de Medio Ambiente do Concello.

Ás 11 da mañá no colexio Gregorio Sanz, segundo explica Horacio Cupeiro “colocaremos placas identificadoras nas árbores plantadas outros anos e falaremos un pouco de todas elas”. E ás 13 horas no Sagrado Corazón “falaremos para os nenos do proceso que sofre unha árbore desde que é semente ata que chega ao monte para ser plantada e tamén do reciclado do papel”.

O día da árbore foi o pasado 21 de marzo, e os colexios de Ribadeo solicitaron que as actividades de conmemoración desa data se pasasen para a xornada de mañá.

Exit mobile version