BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, presentaron, na casa do Concello, o programa de compostaxe doméstica que se implantará en Barreiros. O rexedor convoca para o vindeiro luns 22 de marzo ás oito da tarde, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a todos os interesados en participar neste programa de compostaxe doméstica “para ofrecerlles toda a información que precisen co fin de implantar e poñer en marcha este sistema que será moi beneficioso para todos”, asegurou Alfonso Fuente.
Alcalde e responsable de Medio Ambiente presentaron o programa de compostaxe de Barreiros