REFERENCIA
ADEGA denuncia a contaminación por fúor en San Cibrao debido as emisións de ALCOA
Nos arredores da fatoría de aluminio ALCOA-INESPAL de San Cibrao (Lugo) rexístrase unha alta contaminación por fluoruros, segundo reflicten as análises realizadas a iniciativa dos veciños e as investigacións da edafóloga da USC Esperanza Álvarez Rodríguez. Aínda que pareza incríbel, as estacións de control da contaminación da Xunta de Galiza nos arredores da fatoría, e que deberían garantir o cumprimento dos parámetros ambientais e de saúde por parte da empresa, están abandonadas. É a propia ALCOA a que fai as medicións e informa sobre a contaminación que produce! Trátase doutro caso de contaminación ambiental por parte dunha grande empresa que deixa aos veciños inermes pola escandalosa deixación de funcións e inoperancia das administracións públicas. Baixar o Dossier
As conclusións dos datos e análises encol da perigosidade desta contaminación son:
-A zona contaminada abrangue uns 3 km de radio desde o lugar onde está situada a fctoría. A máis distancia, os niveis de fluoruros detectados son similares aos habituais no medio ambiente.
-A emisión de partículas con alto contido en fluoruros por parte da factoría de ALCOA é a responsábel desa contaminación, máis intensa canto menor é a distancia á fábrica.
-As partículas fluoradas sedimentan na vexetación da zona e contaminan aos herbívoros, fundamentalmente ás ovellas que son mais sensíbeis aos fluoruros. Nos meses máis secos a contaminación das augas de chuvia, escorrentía e pluviolavado é maior, aínda que os níveis en augas superficiais son normais.
-Non é seguro beber da auga dos pozos sen realizar análises periódicas. Deben ter especial coidado os nenos e nenas menores de 8 anos polo risco de fluorose dental e as persoas con insuficiencia renal pola súa maior tendencia a acumular flúor.
Diante desta preocupante situación, esiximos da administración e da empresa ALCOA-INESPAL que tomen as medidas precisas para garantir a saúde do ambiente e das persoas, e que en todo caso deberían consistir en:
– Controis das emisións atmosféricas por organismos independentes da empresa.
– Controis e análises das augas dos pozos e fontes próximas e dos produtos da horta.
– Indemnizacións polos danos xa causados e polo lucro cesante para os gandeiros.
– Milloras tecnolóxicas e investimentos por parte da empresa para evitar as emisións de fluoruros á atmosfera.
Máis información e recursos:
Presentación FLUOROSE ALCOA
Luis Díaz Cabanela, médico, Máster en Toxicoloxía e vogal de saúde ambiental de ADE