SAN CIBRAO .-A asociación ecoloxista ADEGA denuncia a contaminación por fúor en San Cibrao “nos arredores da factoría de aluminio ALCOA-INESPAL segundo reflicten as análises realizadas a iniciativa dos veciños e as investigacións da edafóloga da USC Esperanza Álvarez Rodríguez”. ADEGA tamén sinala que as estacións de control da contaminación da Xunta de Galiza nos arredores da factoría están abandonadas.
REFERENCIA
ADEGA denuncia a contaminación por fúor en San Cibrao debido as emisións de ALCOA
Nos arredores da fatoría de aluminio ALCOA-INESPAL de San Cibrao (Lugo) rexístrase unha alta contaminación por fluoruros, segundo reflicten as análises realizadas a iniciativa dos veciños e as investigacións da edafóloga da USC Esperanza Álvarez Rodríguez. Aínda que pareza incríbel, as estacións de control da contaminación da Xunta de Galiza nos arredores da fatoría, e que deberían garantir o cumprimento dos parámetros ambientais e de saúde por parte da empresa, están abandonadas. É a propia ALCOA a que fai as medicións e informa sobre a contaminación que produce! Trátase doutro caso de contaminación ambiental por parte dunha grande empresa que deixa aos veciños inermes pola escandalosa deixación de funcións e inoperancia das administracións públicas. Baixar o Dossier
Os datos dos que dispoñemos proveñen fundamentalmente do traballo da edafóloga Esperanza Álvarez Rodriguez, que recolleu 109 mostras de solo, 283 mostras de vexetación, asd como mostras de auga tomadas mensualmente durante un ano en 23 puntos diferentes. A isto hai que engadir análises encargadas pola veciñanza das zonas próximas á fatoría, e que consisten en de 18 exemplares de follas, froitos e terra, 2 mostras de ósos de ovella das explotacións gandeiras e 4 mostras de auga dos pozos.
As conclusións dos datos e análises encol da perigosidade desta contaminación son:
-A zona contaminada abrangue uns 3 km de radio desde o lugar onde está situada a fctoría. A máis distancia, os niveis de fluoruros detectados son similares aos habituais no medio ambiente.
-A emisión de partículas con alto contido en fluoruros por parte da factoría de ALCOA é a responsábel desa contaminación, máis intensa canto menor é a distancia á fábrica.
-As partículas fluoradas sedimentan na vexetación da zona e contaminan aos herbívoros, fundamentalmente ás ovellas que son mais sensíbeis aos fluoruros. Nos meses máis secos a contaminación das augas de chuvia, escorrentía e pluviolavado é maior, aínda que os níveis en augas superficiais son normais.
-Non é seguro beber da auga dos pozos sen realizar análises periódicas. Deben ter especial coidado os nenos e nenas menores de 8 anos polo risco de fluorose dental e as persoas con insuficiencia renal pola súa maior tendencia a acumular flúor.
Diante desta preocupante situación, esiximos da administración e da empresa ALCOA-INESPAL que tomen as medidas precisas para garantir a saúde do ambiente e das persoas, e que en todo caso deberían consistir en:
– Controis das emisións atmosféricas por organismos independentes da empresa.
– Controis e análises das augas dos pozos e fontes próximas e dos produtos da horta.
– Indemnizacións polos danos xa causados e polo lucro cesante para os gandeiros.
– Milloras tecnolóxicas e investimentos por parte da empresa para evitar as emisións de fluoruros á atmosfera.
Máis información e recursos:
Presentación FLUOROSE ALCOA
Luis Díaz Cabanela, médico, Máster en Toxicoloxía e vogal de saúde ambiental de ADE