Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA e CCA de Ribadeo pide que se conte cos hostaleiros na ordenanza contra a contaminación acústica

RIBADEO (FNC) .- O presidente de ACISA e do CCA de Ribadeo, Gervasio Cao,  reclama que a opinión do sector hostaleiro se teña en conta na elaboración da ordenanza contra a contaminación acústica e ofrécelle diálogo ao Concello. A Cao parécelle lóxico que a norma non saíse adiante no pleno da Corporación Municipal celebrado onte.

Gervasio Cao sinalou que “houbo e está habendo boa colaboración entre o CCA e o Concello de Ribadeo, pero mostro a miña preocupación por algo comentado no pleno de onte polo alcalde, que facía referencia a que non sabía nada dos empresarios nos últimos tres anos en relación á ordenanza sobre o ruido. Hai tres meses e medio preguntamos qué pasaba con eso e díxosenos que non había absolutamente nada, por eso amoso a miña preocupación porque se fagan eses comentarios nun pleno. Creo que a sorpresa de varios asistentes foi patente, independemente da xerente había no pleno socios do CCA e hoxe os teléfonos non deixaron de soar. Entendo que foi un lapsus e con eso me quedo, pero a sorpresa teño que manifestala, porque detrás estanme pedindo contas”.

Sobre o desenvolvemento do pleno celebrado onte no Concello o presidente de ACISA/CCA dixo que “eu non estaba, creo que polo que me contan houbo bastante desencontro tanto políticamente como entre os asistentes, creo que se montou algo de bulla, por decilo dalgún xeito; pretendeuse retiralo e creo que as circunstancias o pedían claramente. O resultado do pleno paréceme moi lóxico e moi coherente, independentemente de que ese documento estivese no caixón durante tempo, que parece que sí e ninguén tirou del, creo que antes de levalo a pleno precisamente tendo en conta o entendemento que hai, que imos da man en moitas cousas nosoutros somos unha sociedade que representamos a 150 empresarios de Ribadeo, moitos deles de hostelería”. Gervasio Cao manifestou que “a rúa conflictiva está dentro do programa do proxecto de centro comercial aberto como unha rúa a potenciar comercialmente, da que se falou nas comisións recientes, como elemento de conexión do porto co centro da vila. Entonces que é unha zona residencial é certo, pero obviamente toda a vida foi compatible coa actividade comercial, cremos que debe seguir sendo compatible co desenvolvemento comercial de todo tipo que permitan as ordenanzas actuais e futuras”.

O responsable de ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo suliñou que “como persoa que noutros tempos, hai moitos anos, debateu sobre os ruidos,  creo que si se traballa con este sector atrévome a decir publicamente que si se traballa con el é un sector que está disposto a tomar medidas. Como asociación de empresarios comprometémonos a elo e estou seguro de que se pode lograr que se cumpran as ordenanzas e que si se queren modificar debemos debatilo, falalo, así debe ser. A idea de retomar este tema paréceme positiva e si se nos permite así o faremos”.

Exit mobile version