BURELA (FNC) .- Ata o 31 de marzo está aberto o prazo de inscrición nos talleres de entrenamento de memoria, envellecemento saudable e coidados persoais, segundo anunciou hoxe a concelleira de Benestar Social, Neves Cando.
A edil nacionalista dixo que “poñemos en marcha desde a Delegación de Benestar Social de Burela tres novos talleres dirixidos aos nosos maiores e aos seus familiares e coidadores, encadrados dentro das propostas aprobadas polo plan estatal para os servizos sociais. O primeiro é un taller de entrenamento de memoria encamiñado a aumentar a capacidade de realizar distintas actividades sociais e psicosociais das nosas persoas maiores a través de actividades específicas de entrenamento de memoria, talleres literarios, arte e terapia e habilidades sociais. Dentro da vida diaria pretendemos establecer as medidas adecuadas de prevención, rehabilitación e estímulo social e mental para promover as mellores condicións posibles no entorno habitual das nosas persoas maiores. Este taller desenvolveráse desde abril ata decembro deste ano”.
Neves Cando explicou que “o taller de envellecemento saudable dirixido a mellorar a saúde dos nosos maiores e previr as futuras enfermedades e iso ten moito que ver cos hábitos, co autocoidado e con levar unha vida activa e enriquecedora e para iso propoñemos unha serie de actividades para enfrontar o reto de envellecer dunha maneira o máis óptima posible. Actividades como aprender a coidarse, ludoterapia, seguridade vial, novas ferramentas tecnolóxicas, economía responsable ou actividades interxeracionais constitúen o desenvolvemento deste taller que tamén terá lugar de abril a decembro”.
A concelleira de Benestar Sociail seguiu a relatar que “xa en terceiro lugar ofrecemos para os familiares e coidadores de persoas maiores encamadas ou con mobilidade reducida un obradoiro de coidados persoais para esta xente maior. Trátase de formar aos familiares e coidadores para que lles poidan prestar os servizos persoais de aseo e de coidado do corpo cunha maior garantía de calidade de vida. O aseo persoal, o lavado do cabelo, a pedicura e a manicura con tarefas básicas que pretendemos que levar adiante con persoal de formación especializada nestas cuestións. E para isto contamos coa colaboración do departamento de perruquería do IES Perdouro de Burela, que será o encargado de impartir nas súas instalacións este taller de coidados persoais que se desenvolverá ao longo de 60 horas nos vindeiros tres meses”.
O prazo de inscrición para participar nestes tres talleres ábrese xa e rematará o 31 de marzo. Os interesados pódense dirixir ás oficinas municipais de servizos sociais.
Fisioterapia e ximnasia
Neves Cando tamén anunciou hoxe que “continuará durante todo o ano o servizo de fisioterapia individualizada e ximnasia preventiva que comezou o mes pasado, porque presentamos este proxecto aos investimentos do fondo estatal para servizos sociais e nos foi aprobado. Participan neste programa máis de 60 persoas e pensamos na posibilidade de ofrecerlles máis actividades complementarias de cara ao verán e coa chegada do bo tempo”.